Buchenwald foi un campo de concentración nazi crado en xullo de 1937 no outeiro de Ettersberg, preto de Weimar, en Alemaña.

Historia miniatura|O campo de Buchenwald o día da súa liberación, o 16 de abril de 1945

Orixinarimente destinado a encerrar a opositores do réxime nazi, a maioría comunistas ou socialdemócratas, recibiu posteriormente uns 10 000 xudeus arrestados na noite dos cristais rotos en 1938, así como xitanos, homosexuais e presos por deilitos comúns.

Durante a segunda guerra mundial foron enviados alí tamén prisioneiros de guerra. Os presos políticos organizaron alí unha resistencia.

En total estímase que estiveron presas unhas 250 000 persoas procedentes de todos os países de Europa. O número de vítimas, provocadas polas enfermidades, a mala sanidade, os traballos forzados, as torturas, os experimentos médicos e os fusilamentos, estímase nunhas 56 000, entre elas 11 000 xudeus.

Porén, como campo de concentración, en Buchenwald non había cámaras de gas, as cales eran propias dos campos de exterminio.

O campo foi liberado o 11 de abril de 1945 por membros do exército estadouniodense ao mando do xeneral Patton.Harry Stein & Gedenkstätte Buchenwald (2004): Buchenwald Concentration Camp 1937-1945: A Guide to the Permanent Historical Exhibition. Göttingen: Wallstein Verlag. ISBN 978-3-8924-4695-8, p. 57.

Entre 1945 e 1950, o campamento foi utilizado polas autoridades de ocupación soviéticas como un campo de internamento para antigos colaboracionistas nazis, coñecido como NKVD Campamento Especial nº 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Blum, Léon (2000): Le dernier mois. París: Arléa. ISBN 978-2-8695-9506-4. Blum, Léon (2003): Lettres de Buchenwald. París: Gallimard. ISBN 2-0707-6335-8. Manhès, Frédéric H. (1947): Buchenwald: L’organisation et l’action clandestines des déportés français, 1944-1945. Semprún, Jorge (1997): L'Écriture ou la Vie. París: Gallimard. ISBN 978-2-0704-0055-3. Semprún, Jorge (2001): Le mort qu'il faut. París: Gallimard. ISBN 978-2-0704-2454-2. Semprún, Jorge (2002): Quel beau dimanche. París: Grasset. ISBN 978-2-2460-8883-7.

Ligazóns externas "Behind the Picture: The Liberation of Buchenwald" Life.time.com (Imaxes do campo tras a súa liberación).

Categoría:Campos de concentración nazis