miniatura|Castelo de Skjoldenæsholm, lugar de rodaxe de Festen. Festen é un filme dinamarqués de 1998 dirixido por Thomas Vinterberg e producido por Nimbus Film. Foi o primeiro filme do movemento Dogma 95, creado por directores como Vinterberg e Lars von Trier.

Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Ademais, gañou o Premio do Xurado no Festival de Cannes de 1998.

Sinopse Festen conta a historia dunha reunión de familia para celebrar o 60.º aniversario do pai. Durante a cea, o fillo máis vello acusa publicamente o pai de abusar sexualmente tanto del como da súa irmá xemelga, que recentemente se suicidou.

Personaxes Ulrich Thomsen como Christian Klingenfeldt-Hansen Henning Moritzen como Helge, o pai Thomas Bo Larsen como Michael, o irmán Paprika Steen como Helene, a irmá Birthe Neumann como Else, a nai Trine Dyrholm como Pia Helle Dolleris como Mette Therese Glahn como Michelle Klaus Bondam como Helmut von Sachs Bjarne Henriksen como Kim Gbatokai Dakinah como Gbatokai

Estilo Festen foi o primeiro filme do movemento Dogma 95 (o seu título completo en Dinamarca é Dogme #1 – Festen). Os filmes Dogma están rexidos por un manifesto que insiste en limitacións específicas de produción e narrativa, como a prohibición de calquera montaxe de son en posprodución, en parte como protesta contra o caro cinema de estilo Hollywood. O filme é de baixo orzamento e foi rodado cunha Sony DCR-PC3 Handycam en casetes Mini-DV estándar.

Anos despois da realización do filme, Vintenberg falou sobre a súa inspiración: un mozo contou a historia nun programa de radio de Keld Koplev. A Vinterberg contoulla o amigo dunha enfermeira psiquiátrica que afirmaba que tratara o mozo. Escoitou o programa e pediulle ao guionista Mogens Rukov que escribise un gruión sobre os acontecementos, como se fose a propia historia do mozo. Posteriormente revelouse que a historia fora fabricada completamente polo paciente mentres recibía coidados mentais.Der var engang en fest

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes dirixidos por Thomas Vinterberg Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de Nimbus Film Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre pederastia Categoría:Filmes sobre suicidio