James Todd Spader, nado en Boston, Massachusetts, o 7 de febreiro de 1960, é un actor estadounidense. Os seus papeis son recoñecidos polos particulares toques excéntricos e dramáticos nas súas películas, tales como Pretty in Pink, Sex, Lies, and Videotape, Crash, Stargate, Wolf ou Secretary. Os seus papeis máis famosos na televisión son do avogado Alan Shore na serie The Practice, a súa spin-off Boston Legal, polo que gañou tres premios Emmy e o seu máis recente papel, Raymond Reddington na serie The Blacklist, onde se aprecia a calidade de actor. Tamén participou coa voz e captura de movemento do robot Ultron na película de Marvel Studios, Avengers: Age of Ultron.
Traxectoria
Primeiros anos Spader naceu en Boston (Massachusetts), fillo do matrimonio entre James Todd Spader e Jean Spader, ámbolos dous mestres de escola. Durante a súa educación primaria, asistiu a The Pike School (onde a súa nai lle ensinou arte) e matriculouse na Brooks School (onde o seu pai ensinaba) durante un ano en North Andover, Massachusetts. Máis tarde, trasladouse á Phillips Academy pero a abandonou, cando estaba a piques de comezar a universidade, abandonou o noveno grao para marchar a Nova York e estudar interpretación no Michael Chekhov Studio. Antes de se converter nun actor a tempo completo, desempeñou unha gran variedade de postos de traballo, tales como instrutor de ioga, axudante de camareiro, chofer de camión, mozo de cuadra, e cargador de coche de ferrocarril.
Carreira Spader conseguiu debutar no cine con Team-Mates (1978), unha comedia que sería continuada por Endless Love (1981), drama romántico dirixido por Franco Zeffirelli. Aínda que o seu verdadeiro inicio nun papel principal foi en Pretty in Pink.
Por mor de chama-la atención pola súa boa aparencia e carisma e grazas tamén ás súas actuacións en Endless Love e Pretty in Pink, puido actuar en varias cintas posteriores con notable solidez, en papeis de corte moi psicolóxico e excéntrico, interpretando papeis de mozos de boa familia, educados, carismáticos e inquisitivos, que se ven envolvidos en situacións escuras e complexas.
Algunha das películas que máis representan o carisma de Spader son Bad Influence (1990), con Rob Lowe, no que encarna a un mozo avogado que é manipulado por un amigo e levado cara a escuras pasaxes de maldade. Outras películas, como Dream Lover (1993) xunto con Mädchen Amick e Secretary (2002), conteñen un estilo actoral máis desenvolvido.
No ano 2001 participou na película Stickup (Golpe baixo) pasando así ao xénero de acción.
En 2003 liderou a repartición da serie de David E. Kelley, The Practice (titulada Los Practicantes en Latinoamérica e El avogado en España), pola cal gañou un premio Emmy ao mellor actor en serie dramática. Protagonizou con William Shatner a serie Boston Legal, tamén de Kelly e spin-off de The Practice. Por esta tamén gañou o Emmy ao mellor actor principal en drama, o que o converteu no primeiro actor en gañar o mesmo premio interpretando ao mesmo personaxe en distintas series.
A pesar de que deixara os estudos en noveno grao, actualmente recoñéceselle como un dos mellores actores de culto da súa xeración, gañándose aclamacións por parte da crítica.
En 2011 incorporouse ao elenco de The Office para substituír a Steve Carell, que até entón e durante sete tempadas interpretara a Michael Scott, o xefe da oficina. Uniuse interpretando a un novo director, tras a participación de Will Ferrell en catro episodios como xefe substituto.
En 2012 participou na película Lincoln, na que interpreta o personaxe W.N. Bilbo, que é contratado por Lincoln para que o axude na súa campaña.
En 2013, interpretou a Raymond Reddington na serie The Blacklist, papel no que interpreta a un dos criminais máis buscados polo FBI que decide entregarse. Na serie, que se estreou en setembro de 2013 na NBC, Spader actúa xuntos coa actriz Megan Boone, quen interpreta a axente Elizabeth Keen. Tamén foi nomeado ao Globo de Ouro como mellor actor en drama.
En 2015, interpretou o robot Ultron en Avengers: Age of Ultron.
Vida persoal James Spader coñeceu a súa primeira esposa, Victoria Wheel, a comezos da década dos 80, pouco tempo despois de chegar a Nova York, cando traballaba nun estudo de ioga. Victoria adoitaba acompañalo nas gravacións e nas viaxes. Casaron en 1987 e tiveron dous fillos, Sebastian e Elijah, e Spader divorciouse dela en 2004. Posteriormente, tivo relacións con Leslie Stefanson, coa que tivo un fillo en agosto de 2008. Nunha entrevista en 2014, afirmou que tiña un trastorno obsesivo-compulsivo.
Filmografía Cine AnoTítulo orixinalPapel1978Team-Mates1981Endless LoveKeith1985Tuff TurfMorgan Hiller1985The New KidsDutra1986Pretty in PinkSteff McKee1987Wall StreetRoger Barnes1987MannequinRichards1987Less Than ZeroRip1987Baby BoomKen Arrenberg1988Jack's BackJohn/Rick Wesford1989Sex, Lies, and VideotapeGraham Dalton1989The Rachel PapersDeForest1990White PalaceMax Baron1990Bad InfluenceMichael Boll1991True ColorsTim Garrity1992StoryvilleCray Fowler1992Bob RobertsChuck Marin1993The Music of ChanceJack Pozzi1993Dream LoverRay Reardon1994StargateDaniel Jackson1994WolfStewart Swinton19962 Days in the ValleyLe Woods1996CrashJames Ballard1997Keys to TulsaRonnie Stover1997Critical CareDr. Werner Ernst1998Curtain CallStevenson Lowe2000Slow BurnMarcus2000The WatcherJoel Campbell2000SupernovaNick Vanzant2001Speaking of SexDr. Roger Klink2002SecretaryE. Edward Grey2002Alien HunterJulian Rome2002The StickupParker2003I WitnessDraper2009ShortsSr. Black2012LincolnWilliam Bilbo2014The Homesman2015Avengers: Age of UltronUltron
Televisión AnoTítulo orixinalPapelNotas1983Family TreeJake Nichols2 episodios1983Cocaine: One Man's Seductiontelefilme1983A Killer in the FamilyDonnytelefilme1984Family SecretsLowell Everalltelefilme1994FrasierSteven1 episodio1997SeinfeldJason Hanky1 episodio2003The Pentagon PapersDaniel Ellsbergtelefilme2003-04The PracticeAlan Shore2004-10Boston LegalAlan Shore2006Discovery AtlasNarradordocumental2011-12The OfficeRobert California2013-23The BlacklistRaymond Reddington2019Rivera2 episodios
Premios e recoñecementos Festival Internacional de Cine de Cannes AnoCategoríaPelículaResultado1989Premio de interpretación masculinaSex, Lies, and VideotapeGañador
Premios Globo de Ouro AnoCategoríaTraballoResultado2005Mellor actor de serie de televisión - DramaBoston LegalNomeado2014Mellor actor de serie de televisión - DramaThe BlacklistNomeado2015Mellor actor de serie de televisión - DramaThe BlacklistNomeado
Premios Primetime Emmy AnoCategoríaTraballoResultado2004Mellor actor - Serie dramáticaThe PracticeGañador2005Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalGañador2007Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalGañador2008Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalNomeado
Premios do Sindicato de Actores AnoCategoríaTraballoResultado2006Mellor actor de televisión - ComediaBoston LegalNomeado2006Mellor repartición de televisión - ComediaBoston LegalNomeado2007Mellor actor de televisión - DramaBoston LegalNomeado2007Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado2008Mellor actor de televisión - DramaBoston LegalNomeado2008Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado2009Mellor actor de televisión - DramaBoston LegalNomeado2009Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado2012Mellor repartición de televisión - ComediaThe OfficeNomeado2013Mellor reparticiónLincolnNomeado
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en TV.com (en inglés) Ficha en IMDb Ficha en AllMovie
Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América