miniatura|dereita|Mapa das tribos ástures. Os zoelas eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no norte do actual Portugal, na rexión de Tras os Montes, e na fronteira con Zamora, configurando un dos populi de maior extensión territorial coñecidos da Península Ibérica. LA ORGANIZACIÓN SOCIO-POLÍTICA DE LOS POPULI DEL NOROESTE DE LA PENÍNSULA IBÉRICA - Marco V. García Quintela O seu territorio sitúase entre as montañas de Serra da Nogueira e as montañas de Mogadouro. A súa principal cidade chamábase Curunda, nome que se repite na onomástica da provincia de Zamora, en Villalazán, Curundae Balaesi.Alberro (1999), p. 60: "Zoelae".

Os zoelas tamén son mencionados en altares atopares en Braganza, concretamente no castro de Avelãs. Este pobo deixou estelas funerarias decoradas con símbolos circulares, simbolizando o sol e con deseños animais como o porco e o cervo. Os zoelas son de orixe descoñecida. Moitos autores considéranos unha das etnias máis antigas da Península Ibérica.

O liño cultivado polos zoelas, foi nomeado por Plinio e chegou a ter sona en Roma.

Táboa de Astorga miniatura|270px|Táboa dos zoelas ou Táboa de Astorga é un texto xurídico realizado sobre unha placa de bronce (32x24 cm) de forma cuadrangular e coroada por un frontón triangular en cuxo interior aparece a data consular. Atópase no Staatliche Museen de Berlín.

No Museo de Berlín consérvase a chamada Táboa de Astorga ou Táboa dos zoelas. A táboa recolle un pacto de hospitalidade de data non precisada e as súas posteriores renovacións nos anos 27 e 152 entre dous grupos tribais dos zoelas, os desoncos e os tridiavos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de tribos celtas

Categoría:Ástures Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia Categoría:Historia de España do século -I