311 (pronunciado "three-eleven") é unha banda de rock estadounidense procedente de Omaha, Nebraska. O grupo foi formado no ano 1988 polo vocalista e guitarrista Nick Hexum, o guitarrista Jim Watson (que foi substituído en 1990 por Tim Mahoney), o baixista Aaron "P-Nut" Wills, e o batería Chad Sexton. En 1992, Doug "SA" Martinez uniuse á banda como DJ.
311 publicou 13 álbums de estudio, dous álbums ao vivo, catro recompilatorios, catro EPs e catro DVDs. Tras unha serie de lanzamentos independentes, 311 fichou por Capricorn Records en 1992 e publicou os álbums Music (1993) e Grassroots (1994) cun éxito moderado. En 1995 conseguiron un grande éxito con 311, que chegou a ser triplo platino e acadou o número 12 da lista Billboard 200 grazas aos sinxelos "Down" e "All Mixed Up", este último chegando ao primeiro posto da lista Billboard Hot Modern Rock Tracks en 1996. Os seus seguintes tres traballos tamén foron exitosos, sendo o primeiro (Transistor) platino e os outros dous (Soundsystem e From Chaos) ouro. O seu recompilatorio de 2004, Greatest Hits '93-'03 tamén foi certificado platino.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloMusic1993Capricorn Records, Volcano EntertainmentGrassroots1994Capricorn Records3111995Capricorn RecordsTransistor1997Capricorn RecordsSoundsystem1999Capricorn RecordsFrom Chaos2001Volcano EntertainmentEvolver2003Volcano EntertainmentDon't Tread on Me2005Volcano EntertainmentUplifter2009Volcano EntertainmentUniversal Pulse2011311, ATO RecordsStereolithic2014311Mosaic2017BMGVoyager2019BMG
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nebraska Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de reggae rock Categoría:Grupos musicais de rap rock Categoría:Grupos musicais de funk rock Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais formados en 1988