miniatura|Siliqua a nome do usurpador Máximo (409-411) da ceca de Barcino, coa marca de ceca SMB (Sacra Moneta Barcinonensis) no exergo do reverso."Maximus of Spain. Usurper, AD 409-411. AR Siliqua (1.12 g, 11h). Barcino (Barcelona) mint". Classical Numismatic Group. A ceca di Barcino foi un obradoiro monetario romano situado na cidade romana de Barcino (a actual Barcelona) e activo no século V, herdeiro dun obradoiro anterior que cuñara moeda ibérica co topónimo BARKENO.Balaguer, A. M. (1980).
Historia A ceca indíxena laietana, onde se cuñaran dracmas ibéricos de imitación no século III a. de C. coa inscrición BARKENO, situábase na que posteriormente foi a cidade romana de Barcino."La dracma de Barkeno". En El Punt Avui. 6 de agosto de 2014."Barkeno". En Mestre i Campi, J. (1998). Páxina 104."Cecas ibéricas en la zona catalana". Tesorillo.com Esta ceca primitiva estaba, pois, relacionada coa poboación ibérica. O asentamento prerromano de Barkeno compartía a súa localización co de Lekaisen aos pés da montaña de Montjuïc. Existe a dúbida de se Laiesken podería ser a denominación do territorio, onde se incluiría Barkeno, ou se esta última sería a poboación máis importante da zona. En calquera caso, logo da reorganización romana das súas cecas, a ceca de Barkeno pechou e foi substituída por outra con marca de ceca LAIESKEN."Barkeno" e "Laiesken". En Diccionario de Toponimia Histórica de la península ibérica, Baleares y Canarias. Ministerio de Cultura y Deporte."ba.ŕ.k.e.n.o Barcino (Barcelona) ". En García Bellido, P.; Blázquez, C. (2001). Páxina 55.
Non obstante, cara á fin do Imperio Romano a ceca de Barcino volveu ter actividade, aínda que dun xeito efémero, baixo o mandato do emperador Máximo (409-411) un usurpador contra o poder de Honorio que gobernaba toda Hispania. Coñécense siliquas a nome de Máximo con marcas de ceca SMB ou SMBA (Sacra Moneta Barcinonensis). Tamén se coñecen cuñaxes de Máximo en bronce, como o AE 4 aparecido na escavación dun edificio en Barcelona en 1959, outro AE 4 presente no tesouro de Tipasa I (atopado en 1957 e non publicado ata 1961) e un AE 2 achado en Terrasa en 1975.(RIC X). "Maximus". Páxina 351.AA. VV. (2006). Enciclopèdia de Barcelona 3. Gràcia / Petritxol. Barcelona: Gran Enciclopèdia Catalana. Páxina 196. ISBN 84-412-1397-6"Barcino". En Diccionario de Toponimia Histórica de la península ibérica, Baleares y Canarias. Ministerio de Cultura y Deporte.Ceceda Ocampo, J. J. (2000). Anna M. Balaguer cataloga 17 exemplares coñecidos de siliquas e cinco de moedas de bronce de diversos módulos.Grierson, P.; Mays, M. (1992). Páxinas 23, 60, 219.
En época posterior, baixo a dominación visigoda, existiu tamén unha ceca na cidade que utilizou a marca de ceca BARCINON(A). Neste obradoiro monetario cuñáronse tremissis de ouro a nome dos reis Leovixildo, Recaredo, Liuva, Viterico, Éxica e Vitiza entre os séculos VI e VIII."Tremissis de Barcinona ". Museu Nacional d'Art de Catalunya."Período visigodo en Hispania: cecas en Tarraconensis y Narbonensis". Tesorillo.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Balaguer, A. M. (1980). "Descoberta d'un nou exemplar de les rares siliqües de Màxim Tirà, atribuïdes a la seca de Barcelona: corpus de les emissions de Màxim". En Numisma. 30.2. Páxinas 141-154. Balaguer, A. M. (1987). "Nuevos hallazgos y nueva evidencia numismática de las emisiones barcelonesas de Máximo tirano". En Bemont, C.; Delaplace, C. Mélanges offerts a Jean-Baptiste Colbert de Beaulieu. París. Páxinas 38-41. ISBN 9782863770627 Ceceda Ocampo, J. J. (2000). "A propósito de las acuñacionesdel usurpador Máximo en Barcino (411)". En Numisma. 244. Páxinas 43-51. García Bellido, P.; Blázquez, C. (2001). Diccionario de cecas y pueblos hispánicos . Vol. II. CSIC. Madrid. ISBN 84-00-08017-3 Grierson, P.; Mays, M. (1992). Catalogue of Late Roman Coins in the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection. Dumbarton Oaks. Washington. Páxinas 23, 60, 219. ISBN 978-0-88402-193-3 Lafaure, J.; Lafont, V. (1979). "Argenteus de l'usurpateur Maxime trouvé près d'Argelers-sur-Mer". En Bulletin de la société française de numismatique. 34:538. Páxinas 540-544. Marot Salas, T. (1999). "Algunas consideraciones sobre la significación de las emisiones del usurpador Máximo en Barcino". En Teja, R.; Pérez, C. Actas del Congreso Internacional la Hispania de Teodosio, II. Salamanca,1997. Páxinas 569-580. ISBN 84-7846-754-8 Mestre i Campi, J. (1998). Diccionari d'Història de Catalunya. Edicions 62. ISBN 84-297-3521-6 (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.
Outros artigos
Cecas da Antiga Roma Moeda ibérica antiga
Ligazóns externas
Exemplares de siliquas de Barcino vendidos en poxas numismáticas (Acsearch.info) Imaxes e descrición de siliquas de Barcino a nome de Máximo (Imperionumismatico.com)
Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Hispania Categoría:Barcelona