Soledad Gallego-Díaz Fajardo, nada en Madrid en 1951 é finada na mesma cidade o 5 de maio de 2026, foi unha xornalista española. Dirixiu o xornal El País entre o 8 de xuño de 2018 e o 15 de xuño de 2020, sendo a primeira muller en ocupar este posto desde a fundación do xornal en 1976. Empezou a traballar nel practicamente desde o inicio e durante máis de tres décadas ocupou entre outros os postos de directora adxunta e correspondente en diversas partes do mundo como Bruxelas, París, Londres, Buenos Aires ou Nova York. Gallego conseguiu e publicou en exclusiva o borrador da Constitución Española de 1978 xunto a Bonifacio de la Cuadra. Foi no seu tempo unha das decanas do xornalismo español e recibiu diversos premios pola súa traxectoria profesional, entre eles o Premio Salvador de Madariaga, o Premio Margarita Rivière ao rigor xornalístico ou o Premio Ortega y Gasset á Traxectoria Profesional. Mantivo moito tempo unha columna semanal no diario El País e foi columnista do programa Hoy por hoy da Cadena Ser. Formou parte do consello editorial do medio dixital CTXT.

Traxectoria Naceu en Madrid. A súa nai era unha muller cubana que foi de vacacións a Madrid en 1936 onde coñeceu ao que foi o seu marido e pai da xornalista, un xienense "matemático e comunista", segundo as súas propias palabras. Estudou xornalismo na Escola Oficial de Madrid e algúns anos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense. Aos 19 anos, durante a ditadura, traballou para a axencia de información Pyresa, da que foi despedida por secundar unha folga na que se protestaba polos últimos fusilamentos do franquismo.Asociación "Mujeres en la Transición Democrática" (1999). Españolas en la transición. De excluidas a protagonistas, 1973-1982, Biblioteca Nueva, páx. 338 Pasou a Cuadernos para el Diálogo, onde permaneceu até o seu peche en 1978.

Chegou a El País inmediatamente despois da súa fundación en 1976 como colaboradora de política, compaxinándoo con Cuadernos ata que se incorporou de cheo á sección política. Foi cronista política e parlamentaria até finais de 1979 cando asumiu primeiro a correspondencia de Bruxelas e posteriormente a de Londres e París. En 2008 foi correspondente na Arxentina.

De volta a Madrid, oito anos despois, foi nomeada primeiro subdirectora e logo directora adxunta do diario, cargo que exerceu durante cinco anos até incorporarse á correspondencia de Nova York. Ao seu regreso foi nomeada Defensora do Lector e especializouse en temas europeos. Volveu exercer de directora adxunta para reorganizar os produtos do xornal en domingo, día no que publica a súa columna semanal de análise política.

Desde setembro de 2012, traballou como columnista da Cadena Ser no programa Hoy por hoy.

Tamén foi Defensora do lector e vicepresidenta da sección española de Reporteros Sin Fronteras. Foi membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundéu BBVA).

O 6 de xuño de 2018, Gallego-Díaz foi proposta como directora de El País polo Consello de Administración do diario en substitución de Antonio Caño, converténdose na primeira muller en desempeñar esta responsabilidade no xornal. Nunha consulta non vinculante realizada o 7 de xuño o seu nomeamento recibiu o apoio do 97,2% da redacción, máis do duplo do que recibiu o seu antecesor Antonio Caño, quen obtivo o apoio do 43% catro anos antes. O 8 de xuño o Consello de Administración aprobou o seu nomeamento. O 15 de xuño de 2020, Gallego-Díaz deixou o posto de dirección de El País que ocupou o xornalista Javier Moreno, que xa estivera á fronte do xornal entre 2006 e 2014.

Premios e recoñecementos

2004 Premio AMECO "Prensa-Mujer". Mellor labor informativo a favor da igualdade de xénero. 2007 Premio Francisco Cerecedo de xornalismo. 2007 Premio Salvador de Madariaga. 2009 Premio de Periodismo Cirilo Rodríguez. 2011 Premio Rodríguez Santamaría da Asociación de la Prensa de Madrid. 2011 Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade concedida poloMinisterio de Sanidad, Política Social e Igualdad. 2015 Premio Mulleres Progresistas, outorgado pola Federación de Mulleres Progresistas. 2016 Premio Margarita Rivière ao rigor periodístico con visión de xénero concedido pola Associació de Dones Periodistes de Catalunya. 2018 Premio Ortega y Gasset á Traxectoria Profesional. 2018 Premio Ramón Rubial á comunicación.

Libros Los siete magníficos (1977). Ediciones Cambio 16. Con José Luis Martínez Rodríguez. ISBN 8485229320. Del consenso al desencanto (1981). Con Bonifacio de la Cuadra. ISBN 9788485234233. Crónica secreta de la Constitución (1989). Editorial Tecnos. Con Bonifacio de la Cuadra. ISBN 9788430917952. La Unión Europea (1997). Editorial Destino. ISBN 9788423329113.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Artigos de Soledad Gallego-Díaz en El País Artigos na Cadena Ser Soledad Gallego-Díaz: “El País no es un periódico de izquierdas; nunca lo ha sido y nunca ha pretendido serlo”, Jotdown, 2013

Categoría:Premios Ortega y Gasset Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1951 Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Finados en 2026