Kseniia Mikhailovna Kachalina, nada en Saratov o 3 de maio de 1971 e finada en Moscova o 2 de decembro de 2025, foi unha actriz de cinema rusa.

Traxectoria En 1987 entrou na facultade de interpretación do Conservatorio Sobinov de Saratov pero só permaneceu dous cursos deixando o centro en 1988 para marchar a Moscova para formarse no Instituto Gerasimov de Cinematografía con Sergei Solovev e Valerii Rubinchink como os seus mestres.

Debutou no cinema en 1991 como protagonista do filme Neliubov e ao longo da década de 1990 e primeiros anos do século XXI protagonizou diversas películas, entre elas Arbitr (1992), Dikaia Liubov (1993) Nad Temnoi Vodoi (1993), Tri Sestry (1994), Tot, kto Nezhnee (1996), Tsirk sgorel, i klouny razbezhalis (1998), Romanovy: Ventsenosnaia semia (2000), Prazdnik (2001).

Casou co actor Mikhail Efremov e en 2007 logo da súa ruptura deixou de actuar, marchou á India durante varios anos e tras volver a Moscova viviu recluída na casa, con problemas de adicción ao alcol .

Notas

Categoría:Nados en Saratov Categoría:Nados en 1971 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Actores de cinema de Rusia