Miguel Pérez Romero, nado en Madrid en 1948Ficha de Hamlet en rbgalicia.xunta.gal., é un profesor e tradutor ao galego e especialista na obra de William ShakespeareGalaxia avanza dous volumes da «Biblioteca Shakespeare», Abc, 13 de novembro de 2003..
Traxectoria Fillo de pais oriúndos da comarca do Ribeiro, Pérez Romero dedicouse profesionalmente á docencia.
Destaca como tradutor do inglés ao galego dunha parte importante das obras do dramaturgo William Shakespeare. Súas foron as primeiras traducións publicadas en galego de Hamlet, Otelo, Macbeth, Noite de reis, Romeu e Xulieta ou A tempestadeFicha do persoeiro en LG3..
Traducións
Soño dunha noite de San Xoán; O mercador de Venecia (Xunta de Galicia, 1989) Hamlet (Xunta de Galicia, 1993) As confesións de Carlota Doyle (Galaxia, 1995) Reencontro (Galaxia, 1998) Ernest: comedia frívola para xente seria (Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 1999) O asasinato de Roger Ackroyd (Galaxia, 2001) Noite de reis; A tempestade (Galaxia, 2003) Romeu e Xulieta; O rei Lear (Galaxia, 2003) Otelo; Macbeth (Afundación/Galaxia, 2006) Ao voso gusto; Medida por medida (Laiovento, 2019) Hamlet (Laiovento, 2023) O mercador de Venecia (Laiovento, 2024)
Notas
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1948 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Nados en Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes