O DMC DeLorean é un coche deportivo que foi fabricado por DeLorean Motor Company (DMC) dende 1981 ata 1982. É coñecido simplemente como o DeLorean, xa que este foi o único modelo que fabricou dita compañía. O coche tamén é chamado ás veces DMC-12, que é a súa designación interna de pre-produción. Porén, o nome DMC-12 nunca se usou en material de vendas ou de mercadotecnia para o modelo de produción.

O DeLorean caracterízase pola súa carrozaría con portas de á de gaivota, paneis e capó de aceiro inoxidábel sen pintura. É moi coñecido pola súa aparición na triloxía de películas de Back to the Future. Despois de aparecer nestas tres películas, o DeLorean converteuse nun obxecto de culto.

O primeiro prototipo apareceu en 1976 e a produción empezou oficialmente en 1981 na fábrica que DMC tiña en Dunmurry, en Irlanda do Norte. Durante a súa produción cambiáronse varios aspectos do coche, como o estilo do capó, as rodas e o interior.

Canto menos 8500 exemplares do DeLorean foron fabricados denantes de que a produción rematase a finais de 1982. En 2007 estimábase que aínda existían 6500 deles.

Historia En outubro de 1976 o primeiro prototipo do DeLorean foi completado por William T. Collins,The Car: History. www.deloreanmuseum.org. Consultado o 2 de xuño de 2020. enxeñeiro xefe de DMC (que anteriormente era o enxeñeiro xefe de Pontiac); o prototipo foi coñecido como «DSV-1» ou «DeLorean Safety Vehicle».John Lamm (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion, p. 23. A medida que o desenvolvemento continuou, o modelo denominouse «DSV-12»John Lamm (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion, p. 28. e máis tarde «DMC-12», xa que DMC tiña como obxectivo un prezo de venda de $ 12.000 no intre do lanzamento.DMC DeLorean: The troubled past of the car that went back to the future. www.cnn.com. Consultado o 5 de maio de 2021. O prototipo 1 tiña un motor traseiro central de catro cilindros en liña proveniente do Citroën CX,Back in '77, we were amazed by the DeLorean prototype. www.roadandtrack.com. Consultado o 15 de agosto de 2020. pero foi considerado pouco potente para o DeLorean. Orixinalmente, o motor do modelo de produción ía ser un motor Wankel (tamén de Citroën), mais foi substituído por un deseño francés denominado PRV (desenvolvido por Peugeot, Renault e Volvo), un motor V6 de inxección que melloraba a escasa eficiencia do motor Wankel, o cal era un aspecto importante pola escaseza de combustíbeis que estaba sufrindo o mundo enteiro por mor da crise do petróleo de 1973. O motor tivo que ser movido dende a localización central-traseira no prototipo 1 a unha localización traseira no prototipo 2, unha configuración que sería mantida no vehículo de produción.Clarke, R. M. (1995). DeLorean: 1977–1995 Gold Portfolio, p. 50.

William Collins e John DeLorean imaxinaron un chasis producido cunha tecnoloxía nova que nunca fora probada denominada Elastic Reservoir Moulding (ERM), que podería ter contribuído a reducir o peso do coche e por tanto suponse que tamén reduciría os custos de produción, mais esta tecnoloxía da que DeLorean mercara os dereitos da patente non resultou ser axeitada para a produción en masa.John Lamm (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion, pp. 38–39. Ademais, considerouse que o deseño do coche requiría unha reenxeñaría case completa, a cal foi encargada ao enxeñeiro inglés Colin Chapman, o fundador de Lotus Cars. Chapman substituíu a maior parte do material non probado e das técnicas de fabricación polas usadas nesa época por Lotus, incluíndo un chasis de aceiro.Lamm, John (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion, pp. 71–75. thumb|Adhesivo Monroney dun DeLorean fabricado no ano 1982. A construción da fábrica empezou en outubro de 1978 e foi rematada en 1980, e aínda que o comezo da produción do DeLorean foi planificado para ese ano,The Company. www.deloreanmuseum.org. Consultado o 1 de xullo de 2021. cuestións de enxeñería e o exceso no orzamento atrasaron o comezo da produción até xaneiro de 1981. Durante esa época, a taxa de desemprego era moi alta en Irlanda do Norte e os residentes facían cola para pedir emprego na fábrica.

A finais de 1980, DMC abandonou o nome DMC-12 pensado orixinalmente para o seu automóbil, denominándoo finalmente «DeLorean», que acabou custando moito máis do planeado inicialmente. O coche deportivo DeLorean, como se describiu nos anuncios,Lamm, John (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion (2ª ed.), pp. 94–95. construíuse finalmente na fábrica de Dunmurry, Irlanda do Norte, a uns poucos quilómetros do centro de Belfast. A man de obra estaba composta por protestantes e católicos que estaban contentos de apartar as súas diferenzas relixiosas para traballar en equipo. Case todo o persoal de produción non tiña experiencia, por iso, varias centenas de unidades do DeLorean foron producidas sen paneis de aceiro inoxidábel para formar aos traballadores, as cales nunca foron comercializadas. Eses DeLorean eran coñecidos como "mules" (mulas) ou "black cars“ (coches negros), un alcume que se refería aos seus paneis negros feitos de fibra de vidro. Malia a formación dos traballadores, moitos coches tiñan problemas de calidade. Os problemas de calidade melloraron co paso do tempo; en 1982 resolvéronse moitos deles,John Lamm (2003). DeLorean Stainless Steel Illusion, pp. 83–84. e os coches vendéronse cunha garantía de 12 meses e un contrato de servizo de 5 anos e 80000 km.

A DeLorean Motor Company declarouse en quebra o 26 de outubro de 1982 tras o arresto de John DeLorean nese mesmo mes por cargos de tráfico de drogas.Conheça a curiosa e bizarra história do criador do icônico DeLorean (en portugués). Canaltech.com.br. Consultado o 21 de agosto de 2020. Máis tarde DeLorean foi declarado non culpábel en agosto de 1984,DeLorean is freed of cocaine charge by a Federal jury (17 de agosto de 1984). The New York Times. Consultado o 20 de maio de 2021. pero a súa reputación como empresario ficou arruinada e DMC xa quebrara, facendo imposíbel continuar a produción do coche. Aproximadamente 100 unidades parcialmente ensambladas foron completadas por antigos empregados da fábrica, que foron contratados pola empresa Consolidated International (arestora chamada Big Lots). As pezas que ficaron de serie na fábrica de DMC, as pezas do US Warranty Parts Center, así como as pezas dos provedores orixinais que aínda non foran repartidas á fábrica foron todas enviadas a Columbus (Ohio, Estados Unidos) no ano 1983. A compañía KAPAC vendeu estas pezas aos clientes polo miúdo e por xunto mediante pedidos por correo. A DeLorean Motor Company de Texas adquiriu este inventario en 1997.

Entre xaneiro de 1981 e decembro de 1982 ensambláronse aproximadamente 9.200 unidades entre a DeLorean Motor Company e Consolidated International, aínda que algunhas fontes indican que en total só se construíron 8.975Espey, James (2014). The Illustrated Buyer's Guide to DeLorean Automobiles, p. 115–117. ou 8.583 coches. Case unha quinta parte dos DeLorean foi producida en outubro de 1981. Entre febreiro e maio de 1982 foron producidas arredor de 1000 unidades xa que se produciu un decaemento na produción, fabricándose moi poucos coches, todos eles co VIN (Vehicle Identification Number) cambiado despois da compra realizada por Consolidated International para facelos aparecer como modelos de 1983. Estes son os VIN 15XXX, 16XXX, e 17XXX que orixinalmente eran os VIN 10XXX, 11XXX e 12XXX. O derradeiro DeLorean foi ensamblado o 24 de decembro de 1982.

Deseño e mecánica Carrozaría thumb|right|Un DeLorean pintado de cor vermella. thumb|right|Unha das barras de torsión usadas nas portas do DeLorean. A carrozaría do DMC DeLorean foi deseñada polo deseñador de Italdesign Giorgetto Giugiaro, e ten uns paneis construídos en aceiro inoxidábel SS304. Os paneis de aceiro inoxidábel foron fixados a unha estrutura monocasco de plástico reforzado con fibra de vidro, que á súa vez se fixa a un chasis con forma de dobre "Y" baseado no do Lotus Esprit. Agás tres coches para unha serie especial con carrozaría chapada en ouro, todos os exemplares que saíron da fábrica non estaban cubertos por pintura ou verniz.​ De feito existen DeLorean pintados, aínda que estes foron pintados despois de que fosen enviados aos Estados Unidos.

A carrozaría do DeLorean require un mantemento relativamente sinxelo: segundo parece, as pequenas rascaduras nas superficies dos paneis de aceiro inoxidábel poden ser eliminadas cun fregaduxo non metálico.

A característica máis rechamante do DeLorean son as súas portas de á de gaivota. O problema común de soster o peso deste tipo de portas foi resolto por outros fabricantes con portas lixeiras no Mercedes-Benz 300 SL e un sistema con bomba de ar no Bricklin SV-1, aínda que estes deseños tivesen algunha que outra desvantaxe estrutural ou de comodidade. As portas do DeLorean teñen unhas barras de torsión que foron desenvolvidas por Grumman Aerospace e construídas no Reino Unido por Unbrako (unha división de SPS Technologies de Jenkintown (Pensilvania, EUA), as cales foron instaladas para soportar o peso das portas. Estas portas necesitan un mínimo espazo para abrilas: só 27,5 cm (11 polgadas). Isto fai que sexa fácil de abrir e pechar o coche nos aparcadoiros en comparación coas portas convencionais. Do mesmo xeito que as portas instaladas no Lamborghini Countach, as portas do DeLorean posúen unhas pequenas fiestras, xa que unhas fiestras do mesmo tamaño do vidro non serían completamente retráctiles dentro dos curvos paneis de cada porta.

Motor e caixa de cambios dereita|thumb|Motor PRV do DeLorean. O DeLorean é propulsado por un motor PRV atmosférico de 6 cilindros en V nunha disposición a 90 graos, que foi desenvolvido conxuntamente polas marcas Peugeot, Renault e Volvo. Este motor é un desenvolvemento do PRV de 2,7 litros usado no Renault 30, que foi deseñado e construído baixo un contrato especial coa DeLorean Motor Company.

O motor conta cun sistema de inxección de combustíbel Bosch K-Jetronic. Está montado lonxitudinalmente detrás do eixe traseiro, ten unha cilindrada de 2849 cc, un diámetro x carreira de 91 mm x 73 mm e unha relación de compresión de 8.8:1. O bloque e as cabezas están feitos dunha aliaxe de aluminio lixeira, ten unha distribución SOHC con árbore de levas en cabeza e dúas válvulas por cilindro (12 en total). Para unha axeitada refrixeración do motor, o radiador está montado na parte dianteira.Craig Cheetham. Classic American Cars: An Illustrated Guide, p. 119. Consultado o 7 de maio de 2021.

Debido a que o motor está montado na parte traseira do vehículo, a súa distribución de peso é do 35% diante e do 65% detrás.

Dúas caixas de cambios estaban dispoñíbeis para o coche: unha automática de tres velocidades e outra manual de cinco velocidades (a máis utilizada), ambas da marca Renault e cunha relación final de 3.44:1.

Suspensión, dirección e freos A suspensión do DeLorean baséase en gran parte na do Lotus Esprit; ten suspensión independente nas catro rodas, resortes helicoidais e amortecedores telescópicos. A suspensión dianteira é de dobre forquita e a traseira é multibrazo.James Espey (2014). The Illustrated Buyer's Guide to DeLorean Automobiles, p. 15.

A dirección é de cremalleira e piñón, cunha desmultiplicación total de 14.9:1, dando 2,65 xiros de tope a tope e un diámetro de xiro de 10,67 m (35,0 pés). Os DeLorean foron equipados con pinas de aliaxe, en medidas 195/60 HR de 14 polgadas (35,6 cm) de diámetro x 6 polgadas (15,2 cm) de ancho as da parte dianteira; e 235/60 HR de 15 polgadas (38,1 cm) de diámetro x 8 polgadas (20,3 cm) de ancho as da parte traseira. Estas pinas calzaban pneumáticos radiais Goodyear Eagle GT.

​Ten freos de disco nas catro rodas, con 254 mm (10,0 plg) de diámetro os dianteiros e 267 mm (10,5 plg) os traseiros.

Potencia e prestacións O DMC DeLorean desenvolve unha potencia de 130 HP (132 CV) a 5.500 rpm e un par máximo de 208 Nm a 2.750 rpm.