John (" Jay ") Schiltz, nado en Steinfort o 28 de xaneiro de 1958 e finado o 20 de maio de 2020 , foi un xornalista, escritor e artista de cabaré luxemburgués.

Traxectoria Fillo do escritor Roger Schiltz. Despois de completar a súa educación secundaria no Athénée de Luxemburgo en 1978 entrou no mercado laboral, primeiro traballou no ferrocarril e logo na administración municipal de Steinfort. Ao inicio da década de 1990 entrou no xornalismo traballando na redacción de RTL Radio Lëtzebuerg e a partir de 1998 en RTL Télé Lëtzebuerg.

Dende o 1 de xaneiro de 2002 ata principios de decembro de 2013 foi redactor xefe da emisora pública Radio 100,7. Renunciou ao cargo para non entrar nun conflito de intereses, tras o nomeamento da súa esposa, Francine Closener como secretaria de Estado no goberno Bettel-Schneider Lëtzebuerger Land: "A l'usure", 9. Dezember 2011, Säit 5 .

Jay Schiltz escribiu en luxemburgués obras de teatro dende 1991 e a partir de 2000 tamén escribiu textos para espectáculos de cabaré. De xaneiro de 2003 a maio de 2006 escribiu artigos para Kulturissmo, o suplemento cultural de Tageblatt .

En 1997 con motivo do Ano Europeo contra o Racismo e por iniciativa de Charles Goerens"Buts" . temoins.lu organizouse unha viaxe de 120 estudantes de secundaria luxembugueses ao campo de concentración de Auschwitz en Polonia. As viaxes fixéronse anuais e organizadas pola asociación Témoins de la 2ª Géneration e dende a súa constitución en 2001Schitlz foi o seu vicepresidente"Jay Schiltz est décédé".Paperjam, 20 de maio de 202 . Froito do seu labor e desas viaxes foi o libro Aschengenger - Erzählung einer langen Reise que se editou en 2003 en alemán.

Obra

Libros

Aschengänger - Erzählung einer langen Reise, Literareon, Herbert Utz Verlag, München, 2003, ISBN 978-3-8316-1127-0 No comment - Commentairen, Ultimomondo, Sandweiler, 2008, ISBN 978-2-919933-46-4

Teatro

Game over, 1991 Schäinhelleger Owend,, 1992 Eng Schnéischëpp, Chreschtdag an eng Rees an Italien, 1996 E Wäibierg an Alaska, 2005 Wanterdreem, 2007 Papa, tu dors?, 2008 De Schaf, 2009 Ängri ould börds, 2013

Cabaré

Para Cabarenert Endstatioun Geenzuucht, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000 Onkraut vergeet net, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2000 Fixfeier, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2001 Maach d'Kräiz... an alles bleift besser, con Rol Gelhausen, 2003 Schwamm driwwer, con Josy Braun e Rol Gelhausen, 2005 Alles am A..., con Rol Gelhausen e Claudine Muno, 2007 Para Cabaret Roude Léiw Béierdéckelsgespréicher, 2006 Béierdéckelsgespréicher 2, 2009 Espectáculos individuais An-Eck-Doten, 2005 Ex Cathédral, 2010 No politics, 2016

Notas

Categoría:Escritores de Luxemburgo Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1958 Categoría:Escritores en lingua luxemburguesa Categoría:Nados en Luxemburgo Categoría:Artistas de cabaré