O Siebmachers Wappenbuch (en alemán: literalmente armorial de Siebmacher) é un armorial publicado en 1605 e 1609 como dous libros heráldicos, parte dunha serie de varios volumes posteriores, que contén os escudos de armas da nobreza do Sacro Imperio Romano-Xermánico, así como os escudos de cidades-estado e dalgunhas familias burguesas. Foi creado e compilado polo alemán Johann Ambrosius Siebmacher (1561-1611), artista heráldico, gravador e editor de Nürnberg. A obra tornouse nunha importante fonte heráldica para as rexións xermanófonas.
O Vello Siebmacher miniatura|«Reinos» (Königreiche) na folla n.º 2 coas armas de Galiza no escudo de Hispania, 1605. O Alter Siebmacher foi compilado entre 1605 e 1806 e representa a heráldica contemporánea durante os dous séculos finais do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Os dous primeiros volumes foron completados por Johann Sibmacher en 1605 e 1609. Compóñense de 3220 e 2400 armas respectivamente. A obra está impresa sen cor, mais existe un exemplar corado á man en Nürnberg. O traballo foi continuado con seis volumes con suplementos adicionais realizados por Paul Fürst, Wolfgang Gottlieb Fürst, Rudolf Johann Helmers, Christoph Weigel o Vello e Gabriel Nikolaus Raspe. Estas obras foron tamén publicadas baixo os títulos dos seus respectivos editores, como: Fürstsches Wappenbuch, Helmersches Wappenbuch, Weigelsches Wappenbuch ou Raspes Wappenbuch.
O Novo Siebmacher O Neuer Siebmacher, Siebmachers großes und allgemeines Wappenbuch foi compilado entre 1854 e 1967 por Adolf Matthias Hildebrandt, Maximilian Gritzner e Gustav A. Seyler. O índice xeral da obra enteira foi editado por Hanns Jäger-Sunstenau. Posteriormente, Ottfried Neubecker publicou tódalas armas burguesas do Novo Siebmacher sen o texto como unha especie de glosario ilustrado organizado por cargos heráldicos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Versión en liña do Johann Siebmachers Wappenbuch von 1605. Versión orixinal en branco e negro do Johann Siebmachers Wappenbuch do século XVII con seis volumes, 1200 páxinas, 16000 nomes, referencias cruzadas e milleiros de correccións no índice orixinal. Volume de suplemento ó Novo Siebmacher de Maximilian Gritzner (1889). Base de datos cos nomes familiares e títulos (máis de 137000 entradas) do General-Index zu den Siebmacherschen Wappenbüchern 1605-1967 (Índice Xeral dos armoriais de Siebmacher 1605–1967).
Categoría:Armoriais