Mei Lanfang (en ) é un filme biográfico chinés dirixido por Chen Kaige. O filme conta a historia real de Mei Lanfang, un dos máis importantes cantantes de ópera chinesa. Está protagonizado por Leon Lai no papel de Mei, xunto con Zhang Ziyi, Sun Honglei e Masanobu Andō. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín, sendo candidato ó Oso de Ouro.Story of Chinese opera star heads up Berlinale Asian lineup . The Earth Times. 01-28-2009 O filme foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Leon Lai como Mei Lanfang Zhang Ziyi como Meng Xiaodong, amante de Mei Lanfang. Wang Xueqi como Shisan Yan, cantante de ópera veterano Sun Honglei como Qiu Rubai Chen Hong como Fu Zhifang

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Chen Kaige Categoría:Filmes ambientados en Pequín