Esperanza e gloria (en ) é un filme británico-estadounidense de 1987 escrito, producido e dirixido por John Boorman e baseado na súa propia experiencia crecendo durante o Blitz no Londres da segunda guerra mundial. O título derívase da canción patriótica tradicional británica "Land of Hope and Glory" e conta a historia da familia Rowan a través dos ollos do fillo, Billy.

Esperanza e gloria foi un éxito de crítica e público; gañou o Globo de Ouro ao mellor filme (comedia ou musical) e recibiu cinco candidaturas aos premios Óscar, incluídas as de mellor filme, mellor director e mellor guión orixinal. Tamén obtivo trece candidaturas aos premios da BAFTA, gañando o de mellor actriz secundaria (Susan Wooldridge).

Foi estreado na Televisión de Galicia o 15 de maio de 1992.La Voz de Galicia, 15 de maio de 1992. Páx. 79

Argumento Comezando xusto antes do inicio da segunda guerra mundial, o filme conta a historia da familia Rowan: Billy, as súas irmás Sue e Dawn, e os seus pais Grace e Clive, que viven nun suburbio de Londres. Despois do comezo da guerra, Clive únese ao exército, deixando a Grace soa para ocuparse dos nenos. Ela case envía a Billy e a Susie fóra de Londres, mais no último segundo na beiravía do tren dáse de conta que non pode soportar estar separada deles. Así é como Billy pasará o resto da guerra en Londres.

A ollos do neno de dez anos, os "fogos de artificio" do Blitz cada noite resultan tan excitantes como terroríficos. A súa familia non ve as cousas do mesmo xeito segundo as bombas continúan a caer, pero a súa ansia de supervivencia lévaos a achegarse.

Elenco Sebastian Rice-Edwards como Billy Rowan Sarah Miles como Grace Rowan David Hayman como Clive Rowan Geraldine Muir como Sue Rowan Sammi Davis como Dawn Rowan Susan Wooldridge como Molly Derrick O'Connor como Mac Ian Bannen como Grandfather George Anne Leon como Grandma Jean-Marc Barr como Corporal Bruce Carrey

Localizacións O decorado principal do filme construíuse nunha pista en desuso do antigo aeródromo de Wisley en Surrey e outras escenas do río foron rodadas preto de Shepperton Lock.

Filme de arquivo A metraxe de novas no cinema local contén escenas do filme de 1969 Battle of Britain.

Críticas Esperanza e gloria recibiu críticas positivas no momento da súa estrea e foi considerado un dos mellores filmes de 1987 por máis de cincuenta críticos.LA Times O filme foi recibido favorablemente por Pauline Kael na súa colección de artigos Hooked.

Notas

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Boorman Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego