Luísa Eugénia Sanches da Gama Costa Gomes, nada en Lisboa o 16 de xuño de 1954, é unha escritora, dramaturga e tradutora portuguesa.

Biografía Filla de Francisco Días Costa Gomes e da súa muller Noémia Maria de Albuquerque Sanches da Gama (Lisboa, 31 de maio de 1933) e neta materna de Eugénio de Albuquerque Sanches da Gama (Coímbra, 1890 - Lisboa, 1964) e da súa muller Noémia Judite Ferro de Beça (Luanda, 14 de xullo de 1904 - Lisboa, 10 de xuño de 1975).

Licenciada en Filosofía na Universidade de Lisboa, foi profesora do Ensino Secundario e traballou tamén no programa Escritores nas Escolas. Iniciouse como escritora ao publicar 13 Contos de Sobressalto (1982), e de aí en diante escribiu contos, novelas e teatro. Autora de crónicas, colaborou cos xornais O Independente, Público e Diário de Notícias. Fixo tradución literaria, sobre todo para teatro, e foi responsábel da edición da revista Ficções, dedicada á divulgación do conto, ben de autores estranxeiros, ben de autores portugueses.

A súa obra ten reflectido sinais temáticos e formais dunha correcta pos-modernidade literaria, tal como a auto-reflexividade da escrita, a «crise da representación», a cuestionamento e a deconstrución das fronteiras entre os xéneros, a ironía e o ludismo na utilización dos códigos literarios. O conxunto da obra pode ser visto, de feito, como un xogo constante entre a autora e os seus lectores, sorprendéndoos a cada libro pola multiplicidade e diversidade de rexistros e temas.

O seu nome estivo relacionado moitas veces con tomas de posición a favor dos principios básicos da democracia.

Obras iniciais

Contos

Treze contos de sobressalto (1982). Bertrand. En 2006, Dom Quixote. O Gémeo Diferente (1984). Difel. Contos Outra Vez (1997). Cotovia Império do Amor (2002). Tinta Permanente A Galinha Que Cantava Ópera e outras histórias de animais! (2005). Dom Quixote. Literatura infantil. Setembro e outros contos (2007). Dom Quixote. Dom Mínimo, O Anão Enorme e Outras Histórias (2009). Texto Editores. Literatura infantil. Afastar-se. (Treze Contos Sobre Água) (2021). Dom Quixote. 224 páxs. ISBN 978-972-20-7227-4.

Novela

O Pequeno Mundo (1988). Quetzal. En 1993, Dom Quixote. Vida de Ramón (1994). Don Quixote. Olhos Verdes (1994). Don Quixote. O Defunto Elegante (1996). Relógio d’Água. Con Abel Barros Baptista. Educação para a Tristeza (1998). Editorial Presença. A pirata (2006). Don Quixote. Ilusão (ou o que quiserem) (2009). Dom Quixote. Cláudio e Constantino (2014). Dom Quixote. Florinhas de Soror Nada. A Vida de uma Não-Santa (2018). Dom Quixote.

Teatro

Nunca Nada de Ninguén (1991). Cotovia. Ubardo (1993). Don Quixote. A miña Australia (1993). Don Quixote. Clamor (1994). Cotovia. Dúas Comedias (1996). Relógio d’Água. Vanessa vai à luta (1997). Cotovia. O Céu de Sacadura (1998). Cotovia. Arte de Conversação seguido de Vanessa Vai à Luta (1999). Cotovia. A Vida em Vénus (2007). Publicado en Panos (2008), Culturgest, con Dennis Kelly, Patrícia Portela e Letízia Russo.

Libretos

Cantata Sobre o Vulcão (1996). Con música de Luís Bragana Gil, levada a escena no Festival de Teatro do ACARTE (Fundação Calouste Gulbenkian), onde a autora asumiu tamén a escenografía. O Corvo Branco (1998). Con Abel Barros Baptista, ópera de Philip Glass con escenificación de Bob Wilson, estreada durante a Expo 98, en Lisboa

Outros

Antologia Filosófica. A reflexão filosófica do mito à razão dialética da acção e do conhecimento (1984). Con Ilda Figueiredo. Livros Horizonte. Isto e Mais Isto e mais Isto (2000). Editorial Notícias. 61 crónicas escritas antes nos xornais. Trava-línguas (2006). Dom Quixote. Literatura infantil. Pequenos textos, en prosa ou en verso, que xogan cos sons das palavras e que se distinguem por seren normalmente difíciless de dicir.

Premios

1988: Premio D. Dinis, por O Pequeno Mundo. 1995: Premio Máxima de Literatura, por Olhos Verdes. 1993: Premio Eça de Queirós, por Ubardo seguido de A Minha Austrália. 1997: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco, por Contos Outra Vez . 2010: Premio PEN Clube Português de Novelística. 2010: Premio Fernando Namora, por Ilusão ou O Que Quiserem. 2015: Grande Premio de Literatura dst. 2019: Prémio Literário Urbano Tavares Rodrigues, por Florinhas de Soror Nada .

Notas

Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escritores en lingua portuguesa