Tángshān Dà Dìzhèn (en ) é un filme chinés de 2010 dirixido por Feng Xiaogang e producido polos irmáns Huayi. Está protagonizado por Zhang Zifeng, Xu Fan, Zhang Jingchu, Chen Daoming, Lu Yi, Zhang Guoqiang e Li Chen. O filme conta as consecuencias do terremoto de Tangshan de 1976. Estreouse na China o 22 de xullo de 2010, e é o primeiro "gran filme comercial" en IMAX creado fóra dos Estados Unidos de América. O filme foi un grande éxito comercial e recadou máis de 100 millóns de dólares nos cinemas chineses. Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Zhang Jingchu como Fang Deng Wendy Zhang como Fang Deng (de nena) Li Chen como Fang Da Zhang Jiajun como Fang Da (de neno) Xu Fan como Li Yuanni Zhang Guoqiang como Fang Daqiang Chen Daoming como Wang Deqing Chen Jin como Dong Guilan Lu Yi como Yang Zhi Lü Zhong como avoa dos irmáns Fang Yong Mei como tía dos irmáns Fang Wang Ziwen como Xiaohe David F. Morris como Alexander Yang Lixin como Niu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dirixidos por Feng Xiaogang Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX