Na astroloxía occidental, os signos zodiacais son os doce sectores de trinta graos da eclíptica dende o equinoccio vernal, unha das interseccións coa elíptica co ecuador celeste, tamén coñecido como Punto Aries. A orde dos signos zodiacais é Carneiro, Touro, Xémini, Cáncer, León, Virxe, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces. Cada sector foi nomeado por unha constelación pola que estaba a pasar no momento do nomeamento.
O concepto do zodíaco xurdiu na astroloxía babilónica, e posteriormente foi influenciada pola cultura helenística. De acordo coa astroloxía, os fenómenos celestiais están relacionados coa actividade humana de acordo co principio de "macrocosmos e microcosmos", segundo o cal os signos representan maneiras de expresión características.Mayo (1979), p. 35. Os descubrimentos modernos sobre a verdadeira natureza dos obxectos celestes socavaron a base teórica para asignar significado ós signos astrolóxicos, e a investigación científica empírica demostrou que as predicións e recomendacións baseadas nestes sistemas non son precisas. A astroloxía é considerada polo xeral como unha pseudociencia.
Existen varios métodos e sistema para medir e dividir o ceo de acordo coa astroloxía, aínda que a tradición dos nomes do zodíaco e os seus símbolos mantivéronse estables. A astroloxía occidental mide dende os puntos do Equinoccio e do Solsticio (puntos relacionados cos días iguais, máis longos e máis curtos do ano tropical), mentres que a astroloxía jyotiṣa ou védica mide ó longo do plano ecuatorial (ano sideral). O movemento de precesión provocou que as divisións astrolóxicas occidentais non se correspondan na era actual coas constelacións que levan o mesmo nome,Bobrick (2005), pp. 10, 23. mentres que as medicións jyotiṣa aínda se corresponden coas constelacións.Johnsen (2004).
Signos zodiacais occidentais Historia e simbolismo
250px|miniatura|Os doce signos eclípticos. Cada punto sinala o comezo dun signo e están separados por 30°. A intersección do ecuador celestial e a eclíptica definen os puntos do equinoccio. Primeiro Punto de Carneiro (11px) e Primeiro Punto de Libra (11px). O círculo máximo que contén os polos celestiais e os polos eclípticos (P e P'), intersecta a eclíptica en 0° Cáncer (11px) e 0° Capricornio (12px). Nesta ilustración, o Sol está colocado esquematicamente no comezo de Acuario (11px). A astroloxía occidental é unha continuación directa da astroloxía helenística de acordo ós rexistros de Tolomeo no século II. Á súa vez, a astroloxía helenística estaba parcialmente baseada nos conceptos da tradición babilónica. Especialmente, a división dos doce sectores eclípticos é unha construción conceptual babilónica.Sachs (1948), p. 289. Isolated references to celestial "signs" in Sumerian sources are insufficient to speak of a Sumerian zodiac, see Rochberg (1998), p. ix.
No século -IV, a astronomía babilónica e o seu sistema de presaxios celestiais tivo grande influencia na cultura da Grecia antiga, ó igual que o fixo a astronomía de Exipto no século -II. Isto motivou, ó contrario da tradución mesopotámica, un forte enfoque na carta natal do individuo e a creación de astroloxía de horóscopos, facendo uso do Ascendente (o grao crecente da eclíptica no momento do nacemento.), e das doce casas. A asociación dos doce signos astrolóxicos cos catro elementos clásicos de Empédocles foi un importante desenvolvemento na caracterización dos doce signos.
O corpo da tradición astrolóxica helenística tal como estaba no século II descríbese no Tetrabiblos de Ptolomeo. Este é o traballo seminal para a tradición astronómica posterior, non só en Occidente senón tamén na India e na esfera islámica, e seguiu sendo unha referencia durante case dezasete séculos, xa que as tradicións posteriores fixeron poucos cambios substanciais nas súas ensinanzas principais.
A seguinte táboa enumera as doces divisións da lonxitude celestial, co seu nome e a coa forma na cal se inspiraron, que expresa a constelación. Os intervalos de lonxitude trátanse como pechados para o primeiro punto final ( a ) e abertos para o segundo ( b ); por exemplo, 30° de lonxitude é o primeiro punto de Touro, non parte de Carneiro. Os números de signos, do 0 ó 11, vense no canto dos símbolos nalgunhas obras astronómicas.
Calquera asociación de datas de calendario con estes signos só teñen senso cando se fai referencia ó signo astrolóxico do Sol.
Signo Símbolo Número Lonxitude eclíptica(a ≤ < b) Forma Carneiro20px00° a 30°O carneiro Touro20px130° a 60°O touro Xémini20px260° a 90°Os xemelgos Cáncer20px390° a 120°O cangrexo León20px4120° a 150°O león Virxe20px5150° a 180°A doncela Libra24px6180° a 210°A balanza Escorpión20px7210° a 240°O escorpión Saxitario20px8240° a 270°O arqueiro (centauro) Capricornio26px9270° a 300°A cabra Acuario24px10300° a 330°O carrexador de auga Pisces20px11330° a 360°O peixe
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Arroyo, Stephen (1975). Astrology, Psychology and The Four Elements. California: CCRS Publications Arroyo, Stephen (1989). Chart Interpretation Handbook. California: CCRS Publications. Bobrick, Benson (2005). The Fated Sky: Astrology in History. Simon & Schuster. 369 pp. Caiozzo, Anna (2003). Images of the Sky. París-Sorbona. Signs and Constellations. Eric Francis (2016). "Why Your Zodiac Sign is Not Wrong" Hone, Margaret (1978). The Modern Text-Book of Astrology. Revised edition. England: L. N. Fowler & Co. Ltd. Johnsen, Linda (marzo de 2004). A Thousand Suns: Designing Your Future with Vedic Astrology. Yes International Publishers. Mayo, Jeff (1979). Teach Yourself Astrology. Londres: Hodder and Stoughton. Rochberg, Francesca (1998), "Babylonian Horoscopes", American Philosophical Society, New Series, Vol. 88, No. 1, pp. i–164. . Rudhyar, Dane (1943). Astrological Signs – The Pulse of Life. Sachs, Abraham (1948), "A Classification of the Babylonian Astronomical Tablets of the Seleucid Period", Journal of Cuneiform Studies, Vol. 2, No. 4, pp. 271–290. . Sutton, Komilla (1999). The Essentials of Vedic Astrology. Inglaterra: The Wessex Astrologer Ltd.
Categoría:Astroloxía