Santiago Alejandro Miguéns Parrado, nado en Pontecesures o 3 de novembro de 1874 e finado en Córdoba o 19 de outubro de 1926, foi un sacerdote, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou latín e humanidades no convento dos Franciscanos de Herbón. Emigrou a Arxentina, onde se dedicou ao xornalismo. Instalouse en Córdoba e ordenouse sacerdote. Foi profesor do Seminario e da Universidade de Córdoba. Colaborou en Almanaque Gallego, Boletín Oficial del Centro Gallego, El Eco de Galicia, Galicia, Nova Galicia, Suevia, El Correo de Galicia, El Compostelano e Vida Gallega. Colaborou na constitución da Biblioteca América. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras miniatura|Alejandro Miguéns Parrado por Lourido. Poesías, 1905.

12 de octubre, 1910. Hermosa y fuerte (poesías), 1912. Evocaciones. Canto secular, 1913. Vox clamantis : elegía de la guerra, 1915.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Alejando Miguéns Parrado na web do concello de Pontecesures.

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontecesures Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Pontecesures

Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1926