Albert Ellis, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 27 de setembro de 1913 e finado en Nova York o 24 de xullo de 2007, foi un psicólogo estadounidense que en 1955 desenvolveu a terapia racional emotiva condutual (Rational Emotive Behavior Therapy, REBT). Recibiu graos MA e PhD en psicoloxía clínica pola Universidade de Columbia e o American Board of Professional Psychology (ABPP). Tamén fundou e foi o presidente durante décadas do Instituto Albert Ellis de Nova York.Albert Ellis Institute Está considerado un dos orixinadores do cambio do paradigma da revolución cognitiva en psicoterapia e un dos primeiros que propuxeron as terapias cognitivo-comportamentais.
Segundo un estudo profesional de 1982 entre psicólogos dos Estados Unidos e o Canadá, foi considerado o segundo psicoterapeuta máis influente da historia (Carl Rogers foi o primeiro e Sigmund Freud o terceiro).New York Times: Despite Illness and Lawsuits, a Famed Psychotherapist Is Temporarily Back in Session December 16, 2006 Psychology Today indicou que "ningún individuo, nin sequera o propio Freud tivo un maior impacto na psicoterapia moderna".Epstein, R. (2001). "The Prince of Reason". Psychology Today.
Opinión política Ellis foi un defensor da paz e opúxose ao militarismo.
Obras autobiográficas A maioría dos libros que escribiu Ellis despois da invención da REBT tiñan unha forte compoñente autobiográfica. Empregou anécdotas da súa vida persoal para explicar como se lle ocorreron as ideas da REBT e como o axudaron a facer fronte aos seus problemas persoais como a timidez, a ira e a doenza crónica.Ellis, A. (2003) Ask Albert Ellis. Atascadero, CA: Impact PublishersEllis, A. (1994) Reason and Emotion is Psychotherapy. Nova York, NY: Citadel PressEllis, A. (1998)Optimal Aging: Get Over Getting Older. Chicago, IL: Open Court Publishing Company Tamén utilizou anécdotas das sesións cos seus clientes para ilustrar como funcionaba a súa terapia.Ellis, A. (1980) Growth Through Reason. Chatsworth CA: Wilshire Book Company Dous dos últimos libros de Ellis foron explicitamente autobiográficos. Rational-Emotive Behavior Therapy: It Works for Me -- It Can Work for You (2004) narra os seus primeiros anos e as súas crises dunha manera inhabitualmente sincera. Conta a forma en que manexou os seus problemas, ao principio a través da filosofía e máis tarde a través da aplicación das súas novas habilidades terapéuticas e puntos de vista. All Out!: An Autobiography, publicado postumamente en 2009, é unha narración máis tradicional da súa vida e da súa obra, aínda que tamén pretende ser unha historia inspiradora sobre o uso do pensamento racional na autoaxuda.
Críticas Algúns psicólogos criticaron a Ellis polo que describiron como un ton que podía parecer que culpaba a xente pola súa depresión e por non ofrecer ningunha evidencia para apoiar as súas opinións sobre psicoterapia. No seu obituario en The Guardian, indicouse que outros, como Aaron T. Beck, dirixiron probas máis rigorosas que as quería emprender e puideron avanzar mellor na terapia cognitiva. A súa achega ao tratamento da depresión severa tamén foi criticado por suxerir cousas simplistas como "levanta os teus calcetíns".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Albert Ellis. Theories of Personality: Critical Perspectives, con Mike Abrams, PhD, e Lidia Abrams, PhD. Nova York: Sage Press, 2008. Edrita Fried (© 1951, 1961 by Albert Ellis), On Love and Sexuality, Nova York: Grove Press. Emmett Velten. Under the Influence: Reflections of Albert Ellis in the Work of Others. See Sharp Press, 2007 Emmett Velten. Albert Ellis: American Revolutionary. See Sharp Press, 2009 Albert Ellis. Rational Emotive Behavior Therapy: It Works for Me – It Can Work for You by Albert Ellis. Prometheus Books, 2004 Joseph Yankura and Windy Dryden. Albert Ellis (Key Figures in Counselling and Psychotherapy series). Sage Publications, 1994 Ligazóns externas The Albert Ellis Institute (Nova York) The REBT Network – Albert Ellis and Rational Emotive Behavior Therapy Albert-Ellis-Friends.Net: A Rational Oasis Albert Ellis Biography Site Albert Ellis Information Site Association for Rational Emotive Behaviour Therapy Wife of Dr Albert Ellis and REBT Teacher, Author, Presenter and Practitioner REBT Practitioner, Lecturer & Author Information site on REBT with Dr Ellis' wife: Dr Joffe Ellis Finding aid to the Albert Ellis Papers at Columbia University. Rare Book & Manuscript Library
Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Estadounidenses de ascendencia rusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía