Tony Manero é un filme chileno de 2008 dirixido por Pablo Larraín. Conta a historia dun home de 52 anos de Santiago de Chile que está obsesionado co personaxe de John Travolta en Saturday Night Fever. Gañou o premio principal no Festival de Cinema de Turín de 2008 e foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En 2009, gañou o Tulipán de Ouro do Festival Internacional de Cinema de Istambul.

Personaxes Alfredo Castro como Raúl Peralta Paola Lattus como Pauli Héctor Morales como Goyo Amparo Noguera como Cony Elsa Poblete como Wilma Marcelo Alonso como romanés Maité Fernández como María Antonia Zegers como Produtora de TV Marcial Tagle como Vidrieiro Rodrigo Pérez como Axente CNI 1 Pancho González como Axente CNI 2 Luis Uribe como Enrique Greta Nilsson como Caixeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Pablo Larraín Categoría:Filmes ambientados en 1978