Dawson. Isla 10 é un filme chileno de 2009 escrito e dirixido por Miguel Littín. O guión baséase en Isla 10, un libro por Sergio Bitar sobre as súas experiencias como prisioneiro político, e "Isla 10" era o alcume que lle puxeron os gardas durante o seu encarceramento. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O Golpe de estado do 11 de setembro de 1973 en Chile provocou que Augusto Pinochet tomase o poder do país. O filme conta como os antigos membros do gabinete de Salvador Allende foron arrestados e encarcerados nunha prisión política, designada especialmente como campo de concentración na Illa Dawson, no arquipélago de Terra de Fogo. O campo fora empregado a comezos do século XX para encerrar ós selk'nam e outros pobos indíxenas, que foron trasladados da illa principal para evitar a súa interferencia nos grandes rabaños de ovellas que se estabeleceran alí. En 1973, centros de sospeitos comunistas e disidentes políticos foron encarcerados na Illa Dawson polo goberno de Pinochet. Baixo o estrito control da Mariña chilena, eses homes tentan sobrevivir ás temperaturas extremas e duras condicións de vida.
Personaxes Benjamín Vicuña como Sergio Bitar Bertrand Duarte como Miguel Lawner Pablo Krögh como José Tohá Cristián de la Fuente como Tenente Labarca Sergio Hernández como Comandante Sallay Luis Dubó como Sarxento Figueroa Caco Monteiro como Fernando Flores Horacio Videla como Dr. Arturo Jiron Matías Vega como Osvaldo Puccio Andrés Skoknik como Orlando Letelier Elvis Fuentes como Clodomiro Almeyda Sergio Allard como Aristóteles España
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Miguel Littín Categoría:Filmes sobre políticos Categoría:Filmes ambientados en 1973 Categoría:Filmes ambientados en 1974