Tierra del Fuego é un filme chileno de 2000 dirixido por Miguel Littín. Baséase nunha historia curta homónima escrita por Francisco Coloane, e conta a conquista da Terra do Fogo por Julius Popper. Popper foi un enxeñeiro xudeoromanés nacionalizado arxentino, e un dos principais responsables do xenocidio selk'nam, un dos pobos indíxenas que habitaron o Arquipélago de Terra do Fogo.Segundo memorias de Federico Echelaite no filme documental Los onas, vida y muerte en Tierra del Fuego, de A. Montes, A. Chapman e Jorge Preloran. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2000.
O filme está protagonizado por recoñecidos actores de distintas nacionalidades, e a música foi composta polo grupo galego Milladoiro e polo cantautor chileno Ángel Parra, fillo de Violeta Parra.
Sinopse Ambientado a finais do século XIX, Julius Popper toma posesión da Illa Grande da Terra do Fogo en nome da raíña de Romanía Isabel de Wied (alcumada Carmen Sylva; 1843-1916). Na súa misión na procura de ouro, amparada baixo o lema «civilización ou morte», é acompañado por personaxes de diversas nacionalidades, tales como Armenia, unha bela prostituta, Spiro, un aventureiro italiano, Shaeffer, un alemán fiel a Popper, Novak, un austríaco que exerce como xeneral do grupo e Silveira, un galego intérprete de gaita.
Personaxes Jorge Perugorría como Julius Popper Ornella Muti como Armenia Tamara Acosta como Mennar Nelson Villagra como Novak Álvaro Rudolphy como Schaeffer Nancho Novo como Silveira Luis Alarcón como Alexis Claudio Santamaria como Spiro Uxía Blanco como nai de Silveira Omero Antonutti Héctor Delgado Mateo Iribarren Ángel Perra María Jurado
Produción Foi rodado en Punta Arenas e Terra do Fogo, na Zona Austral de Chile, e en Galicia. Estreouse no mes de maio no Festival de Cannes de Francia, e a súa estrea en Chile foi o 6 de xullo do mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Miguel Littín Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes ambientados no século XIX