O escudo de armas de Malí é un emblema nacional formado por un círculo cargado cun paxaro na parte superior, unha mesquita no centro flanqueada por dous arcos e frechas, e o sol crecente no fondo. Foi adoptado trece anos após o país acadou a independencia, sendo o selo da República de Malí dende 1973. É utilizado en documentos oficiais como escudo de armas.
Historia miniatura|dereita|Selo de Malí dende 1961 até 1973. Malí acadou a independencia en agosto de 1960, cando se separou do Senegal e se converteu nun estado independente de seu, desaparecendo dese xeito a breve Federación de Malí que unía as dúas nacións. O selo de Malí foi deseñado pouco despois, o cal é case idéntico ó selo actual agás polas cores. Compoñíase dun círculo vermello arrodeado por un bordo verde. O actual selo foi adoptado oficialmente o 20 de outubro de 1973, baixo a Ordinance no. 56 do CMLN (Comité Militar para a Liberación Militar). É empregado nos documentos oficiais no canto dun escudo de armas, un símbolo heráldico que o país xamais adoptou.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Malí
Malí Categoría:Símbolos de Malí