Millie Elizabeth Hughes-Fulford, nada en Mineral Wells (Texas) o 21 de decembro de 1945 e finada o 4 de febreiro de 2021, foi unha astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-40.

Traxectoria Hughes-Fulford graduouse en química e bioloxía pola Universidade do Estado de Tarleton en 1968, cun doutoramento pola Universidade de Mulleres de Texas en 1972.

Carreira na NASA Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1983, participando na misión STS-40 Spacelab Life Sciences ( SLS 1), a primeira misión de Spacelab dedicada a estudos biomédicos, pasando un total de 9,09 días no espazo.. A misión SLS-1 realizou 146 órbitas ao redor da Terra e a súa tripulación completou máis de 18 experimentos, traendo máis datos médicos que calquera outro voo anterior da NASA.

Foi a investigadora Principal nunha serie de experimentos Spacehab / Biorack, que examinaron a regulación do crecemento dos osteoblastos (células óseas). Estes experimentos voaron no STS-76, en marzo de 1996, a STS-81 en xaneiro de 1997 e a STS-84 en maio de 1997. Estes estudos examinaron as causas fundamentais da osteoporose que ocorre nos astronautas durante os voos espaciais. En colaboración con Augusto Cogoli de Suíza, estivo a examinar os cambios na indución de xenes de células T en voos espaciais nun experimento conxunto NASA / ESA da Estación Espacial Internacional. Este estudo ( Leukin) examina o mecanismo de acción que causa a diminución da activación das células T na microgravidade, un problema médico que se descubriu por primeira vez no regreso dos astronautas do Apollo.

Hughes- Fulford foi profesora no Centro Médico da Universidade de California en San Francisco, onde continuou a súa investigación. Como directora do Laboratorio de Crecemento e Diferenciación Celular e Asesora Científica da Subsecretaría de Asuntos de Veteranos, estudou o control do crecemento do cancro de próstata humano e a regulación da activación ósea e linfocitaria.​

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-40

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Texas