Rick Douglas Husband, nado en Amarillo, Texas, o 12 de xullo de 1957 e finado o 1 de febreiro de 2003, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-107 e STS-96.

Traxectoria Husband graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Tecnolóxica de Texas 1980 e era máster na mesma materia pola Universidade do Estado de California en Fresno en 1990.

Foi seleccionado pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-96 e STS-107, falecendo nesta última durante o accidente do transbordador espacial Columbia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-96 STS-107

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Texas Categoría:Finados na exploración espacial