Licia Verde, nada en Venecia en 1971, é unha cosmóloga e física teórica italiana, profesora ICREA de Física e Astronomía na Universidade de Barcelona. Os seus intereses de investigación inclúen a estrutura a grande escala do universo, a enerxía escura, a inflación e a radiación de fondo cósmico de microondas.
Traxectoria En 1996 graduouse na Universidade de Padua e realizou o doutoramento na Universidade de Edimburgo. Fixo unha estancia posdoutoral na Universidade de Princeton e empezou a traballar na facultade da Universidade de Pensilvania en 2003. En setembro do 2007, Verde converteuse en profesora ICREA na ICCUB da Universidade de Barcelona. Foi profesora na Universidade de Oslo durante o período do 2013 ao 2016. Foi editora de Physics of the Dark Universe Journal e agora é editora do Journal of Cosmology and Astroparticle Physics.
É unha autora moi citada e prolífica, coñecida sobre todo polo seu traballo na estrutura a grande escala, a análise de datos WMAP e o desenvolvemento de ferramentas estatísticas para analizar sondaxes do Universo.
Apareceu na película Las Leyes de la termodinámica.
Foi galardoada coa medalla Narciso Monturiol e o premio Nacional de Investigación. En 2018 recibiu o premio Breakthrough en Física Fundamental como parte do equipo WMAP. En 2021 foi galardoada co Premio Jaume I en Investigación Básica.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mulleres na física
Ligazóns externas
Páxina persoal Currículo na Web do ICREA
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Físicos de Italia