Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Mattingly Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Harold Mattingly (homónimos)

Harold Braithwaite Mattingly (nado en 1923 en Finchley, Barnet, Gran Londres, e finado o 23 de agosto de 2015, foi un historiador da civilización da Antiga Roma, epigrafista e numismático británico. Era fillo do recoñecido numismático Harold Mattingly.

Carreira Mattingly cursou o ensino primario na escola de Saffron Walden e a educación secundaria na Leys School, de Cambridge. Xa despois da II guerra mundial, acadou unha diplomatura en Estudos Clásicos no Gonville and Caius College, da Universidade de Cambridge (1946-1948). Logo de lograr unha bolsa de investigación, redactou unha tese sobre o Senado Imperial Romano e, finalmente, alcanzou o grao de Mestrado en 1952."Obituary: Emeritus Professor Harold B Mattingly ". University of Leeds.Mattingly, D. (2015). "Harold Mattingly obituary". En The Guardian. 28 de setembro de 2015.Kampmann, U. (2015). "Harold B. Mattingly (1923-2015)". En Coins Weehly. 2 de setembro de 2015.

Entre 1950 e 1969 foi profesor de Historia Antiga na Universidade de Nottingham, e en 1970 incorporouse á Universidade de Leeds. As súas investigacións centráronse, ao longo de toda a súa traxectoria, na epigrafía e a numismática da Antiga Grecia e da República Romana. A partir destas investigacións publicou arredor de 160 artigos científicos, a maior parte deles compilados posteriormente en tres volumes. Logo da súa xubilación como profesor en Leeds, continuou co status de profesor emérito desa universidade ata a fin da súa vida.

Entre 1999 e 2004, Harold B. Mattingly chegou a presidir a Royal Numismatic Society, de Londres."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.

No ámbito familiar, casou en 1960 con Erica Stuart, unha artista da olaría, con quen foi pai de tres fillos. Deles, a súa filla Joana é unha especialista na arte medieval de Cornualla e o seu fillo David é profesor de Arqueoloxía de Roma na Universidade de Leicester.

Harold B. Mattingly faleceu o 23 de agosto de 2015 na súa residencia familiar en Truro, Cornualla, logo dunha breve doenza.

Escolma de publicacións Estas son as monografías máis significativas publicadas por Harold B. Mattingly ao longo da súa carreira académica: "Harold B. Mattingly". WorldCat.org

1963: Various numismatic notes. Proceedings of the British Academy. Londres. 1996: The Athenian empire restored : epigraphic and historical studies. The University of Michigan Press. ISBN 9780472106561 2007: From coins to history : selected numismatic studies. University of Michigan Press. ISBN 9780472113316 2012: Coins and travels in Greece : an introduction to the coins of ancient Greece with reminiscences of visits by numismatist Harold Mattingly (con Joanna Mattingly e Stephen Tyrrell). Falmouth. Pasticcio. ISBN 9780957031111

Notas

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Nottingham Categoría:Profesores da Universidade de Leeds Categoría:Personalidades sen imaxes