Ronald Eugene Mercer, nado o 18 de maio de 1976 en Nashville, Tennessee, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Mercer foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 1997 polos Boston Celtics. Tras dúas tempadas en Boston, foi traspasado ós Denver Nuggets xunto a Popeye Jones e Dwayne Schintzius, a cambio de Danny Fortson, Eric Williams, Eric Washington e unha futura elección do Draft. Na tempada 1999–2000 xogou 37 partidos cos Nuggets antes de ser traspasado ós Orlando Magic.

Para a tempada 2000–01, Mercer asinou cos Chicago Bulls, onde acadou 19.7 puntos por encontro na súa primeira tempada. Malia levar 16.8 puntos por partido, foi traspasado á metade da tempada seguinte xunto a Brad Miller, Ron Artest e Kevin Ollie ós Indiana Pacers, a cambio de Jalen Rose, Travis Best, Norman Richardson e unha elección da segunda rolda do Draft.

Antes do comezo da tempada 2003–04, foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos.Pacers set to sign Brad Miller, trade him to Kings - NBA - ESPN Foi cortado polos Spurs tras xogar 39 partidos.Proven scorer Mercer now a free agent - NBA - ESPN

Antes da tempada 2004–05, Mercer asinou cos New Jersey Nets.Nets Sign Ron Mercer

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Nashville, Tennessee Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets