HM7-B é a designación dun motor foguete crioxénico utilizado na última etapa dos foguetes Ariane 2, Ariane 3, Ariane 4 e Ariane 5.
Características O motor HM7-B era fabricado por Snecma e era unha versión mellorada do HM7-A para incrementar o rendemento dos novos foguetes Ariane. Para aumentar a eficiencia, aumentouse a presión na cámara de combustión e estendeuse a lonxitude da tobeira para incrementar o impulso específico. O tempo de combustión ampliouse de 570 a 735 segundos. O HM7-B usouse nos primeiros Ariane 5 ata que foi substituído por un motor máis eficiente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos HM7-A Ariane 2 Ariane 3 Ariane 4 Ariane 5
Categoría:Motores foguete