Pegaso foi a marca comercial da empresa española ENASA (Empresa Nacional de Autocamiones, S. A.) utilizada nos seus automóbiles, camións, autobuses e tractores.

Foi un dos principais fabricantes europeos de vehículos industriais. En 1990 foi vendida ao grupo italiano Iveco, pertencente ao grupo Fiat, integrando o consorcio os seus automóbiles e camións.

Historia miniatura|Green Pegaso Z-203 “Mofletes” truck displayed at RetroAuto Murcia 2026 at IFEPA in Torre Pacheco, Region of Murcia, Spain. ENASA (Empresa Nacional de Autocamiones, S.A.) foi unha empresa española dedicada á fabricación de vehículos industriais, principalmente camións, que durante a década de 1950 tamén produciu os automóbiles deportivos Pegaso Z-102. ENASA foi fundada polo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1946, da man de Wifredo Ricart, quen recibiu o encargo do presidente do INI Juan Antonio Suances, xeneral de división da rama de enxeñeiros navais.

Para a fundación de ENASA utilizouse a división de automóbiles de Hispano-Suiza, que fora nacionalizada polo Estado español en 1946. Poucos anos despois inaugúrase a colonia Cidade Pegaso en Madrid, para os traballadores da empresa.

Con ENASA sentábase a base dunha industria automobilística nacional nun momento de total illamento económico e político de España. As necesidades daquel momento eran primarias: camións, tractores e tecnoloxía. Así, sobre os restos de Hispano-Suiza naceu ENASA, cuxa prioridade era a produción de vehículos de transporte pesado e público.

Contra 1968 ENASA conseguiu facerse co control da empresa rival SAVA. Adquiriu a súa fábrica de Valladolid e herdou desta o seu modelo J4, á vez que eliminou da súa gama todos os modelos de camións que facían a competencia.​

A empresa mantivo a súa sede central nas antigas instalacións de Hispano-Suiza en La Sagrera, até que en 1980 se trasladou á Zona Franca de Barcelona. En marzo de 1984 adquiriu a empresa británica Seddon Atkinson polo simbólico prezo de unha libra esterlina ao seu anterior socio International Harvester.​

En 1990 foi vendida ao consorcio Iveco, pertencente ao grupo Fiat, aínda que a produción de camións e motores para autobuses Pegaso non cesaría até 1995.

Volume de vendas miniatura|220px|Camións Pegaso da Infantaría de Mariña do Perú 1967196819691970197119721973Camións en España 7 133 7 900 8 855 9 070 12 759 15 091 18 160Autobuses en España 1 576 1 781 1 569 1 454 2 022 2 037 2 139Camións exportados 517 217 516 477 1 120 643 2 066Autobuses exportados 322 111 85 278 442 327 815Fonte

Venda a Iveco Coa entrada de España na por entón Comunidade Económica Europea, Pegaso decidiu abrirse a novos mercados no continente. Para iso debía actualizar a súa gama, que daquela estaba anticuada. Porén, a situación económica da empresa non era a ideal, polo que estas reformas serían difíciles de aplicar. Ademais, tamén se necesitarían actualizar os motores pola entrada en vigor da normativa europea sobre emisións.

O proceso de venda desta empresa nacionalizada comezou en 1989. Presentáronse varias compañías de orixe europea e xaponesa, aínda que as nipoas foron descartadas por non pertenceren ao Espazo Común. O comprador elixido foi un consorcio formado polas empresas MAN e Daimler-Benz, que estarían dispostas a pagar un total de 28 800 millóns de pesetas polo 80 % da empresa e polas súas instalacións co compromiso de manter a marca. Porén, a Comisión Europea vetou a compra por motivos de competencia, ofrecendo como alternativa que só unha das dúas (Daimler-Benz ou MAN) compraran Pegaso e ambas as dúas desistiron.

En primeira instancia a elección destas empresas obrigou ao Instituto Nacional de Industria a rexeitar ofertas dos fabricantes Volvo Trucks, DAF e Iveco. Porén, dada a negativa por parte dos fabricantes alemáns, os propietarios de ENASA tiveron que aceptar a menos mala do resto das ofertas, sendo Iveco quen ofreceu unha suma de 1 200 millóns de pesetas por un paquete do 60 % das accións da empresa.

Logotipo Desde 1936, Wifredo Ricart estivo traballando no departamento de aviación de Alfa Romeo, onde era o encargado do mantemento dos motores Bristol Pegasus de orixe británica. Á súa volta a España, en 1946, decidiu utilizar o nome do cabalo alado para as súas creacións.

O deseño do escudo foi realizado polo propio Ricart tras varios esbozos, elixindo a figura equina en salto. Este cabalo encóntrase inscrito nun círculo de cor escura para simbolizar a dimensión global do proxecto. Ademais, por detrás de toda esta figura, pódese encontrar unha gran V metálica sinalando os motores V8 que equipaban os seus modelos. Porén, este pegaso non dispón de ás, xa que a figura do cabalo alado no mundo da automoción xa era unha marca rexistrada da petroleira estadounidense Mobil.

Este feito tamén se pode comprender como un ataque cara ao Cavallino Rampante de Enzo Ferrari, con quen non tivo unha boa relación durante a súa etapa en Italia. Segundo a propia cita de Ricart:

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ariño Planchería, César (2008): De Hispano a Pegaso. 100 años de transporte público en España Barcelona: MAF Editor. ISBN 978-84-8675-862-2. Lage, Manuel (1992): Hispano-Suiza/Pegaso. Un siglo de camiones y autobuses. Barcelona: Lunwerg Editores. ISBN 978-84-7782-236-3.

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Fabricantes de maquinaria agrícola