Gabriela Beatriz Sabatini, nada en Buenos Aires o 16 de maio de 1970, é unha tenista profesional arxentina retirada, a máis destacada na historia dese deporte no país.

En 1990, Sabatini gañou o Aberto dos Estados Unidos en individual, converténdose na única tenista arxentina en logralo e dous WTA Tour Championships en 1988 e 1994. Foi tamén finalista nos torneos de Wimbledon de 1981 e no Aberto dos Estados Unidos de 1988, ano en que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos.

En dobres, a súa actuación máis destacada foi o Campionato de Wimbledon de 1988 logrado xunto a Steffi Graf. En 2006 foi incorporada ao Salón da Fama do Tenis Internacional.

Vida persoal O 22 de maio de 2003, Sabatini puido obter a cidadanía italiana "ius sanguinis" porque o seu bisavó David Sabbatini naceu en Potenza Picena na rexión das Marcas e inmigrou á Arxentina a finais do século XIX.

Dende a súa retirada do tenis aos 26 anos, Sabatini promoveu as súas liñas de perfumes e traballou con organizacións de axuda á infancia e ás persoas sen recursos.

Sabatini dixo que na súa mocidade perdeu partidos deliberadamente para evitar os xornalistas e os focos. Afirmouno cando tiña 43 anos, dicindo que a súa timidez era un problema grave, e pensaba que tería que falar despois de gañar un torneo, polo que adoitaba perder nas semifinais.

Grand Slam Individuais Torneo1984198519861987198819891990199119921993199419951996SRW–L Aberto de AustraliaAANHAASF3RQFSFSFSF1R4R0 / 829–8 Roland GarrosASF4RSFSF4R4RSFSFQF1RQFA0 / 1142–11 WimbledonA3RSFQF4R2RSFFSFQF4RQFA0 / 1142–11 Aberto dos Estados Unidos3R1R4RQFFSFWQFQFQFSFSF3R1 / 1351–12Vitorias–Derrotas !2–1 !7–3 !11–3 !13–3 !14–3 !14–4 !17–3 !19–4 !19–4 !17–4 !13–4 !13–4 !5–2 !1 / 43 !164–42 |- |align=left|Clasificación a final de ano |align="center" |74 |align="center" |12 |align="center" bgcolor=EEE8AA|9 |align="center" bgcolor=EEE8AA|6 |align="center" bgcolor=EEE8AA|4 |align="center" bgcolor=99ccff|3|align="center" bgcolor=EEE8AA|5 |align="center" bgcolor=99ccff|3|align="center" bgcolor=99ccff|3'''577NA

Dobres Torneo 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 SR Aberto de AustraliaAANHAASF2R3RAAA2RQF0 / 5 Roland GarrosA1RFFSFFASFAA3R3RA0 / 8 WimbledonA2RA3RWQFQFAAA1RSFA1 / 7 Aberto dos Estados UnidosA1RSFSFSFSF3RAAASF2RSF0 / 9 Grand Slam SR0 / 00 / 30 / 20 / 31 / 30 / 40 / 30 / 20 / 00 / 00 / 30 / 40 / 21 / 29Clasificación a final de ano12854953192955NRNR1413NR SR = razón entre o número de torneos gañados e o número de torneos xogados

Notas

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1970 Categoría:Tenistas olímpicos da Arxentina Categoría:Campións do US Open Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Arxentina Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon