Ramanuja, Ramanujacharya ou Rāmānujā (|ɽaːmaːnʊdʑɐ|), nado en Sriperumbudur supostamente en 1017 e finado en Sri Rangam en 1137 foi un teólogo e filósofo indio, un dos máis importantes da tradción do Sri Vaishnavism no hinduísmo. Os seus fundamentos filosóficos para o devocionalismo influíron no movemento Bhakti.
O gurú de Ramanuja foi Yādava Prakāśa, estudoso que formaba parte da tradición monástica do Advaita Vedānta. A tradición Sri Vaishnava afirma que Ramanuja estaba en desacordo co seu gurú e coa non dualista Advaita Vedānta, e pola contra seguiu os pasos dastradicións Tamil Alvārs e os estudosos Nāthamuni e Yamunāchārya. Ramanuja é coñecido por propoñer a subescola de Vishishtadvaita de Vedānta, e os seus discípulos foron autores de textos como Shatyayaniya Upanishad. O propio Ramanuja escribiu textos influentes, como o bhāsya dos Brahma Sutras e o Bhagavad Gita, todos eles en sánscrito.
A súa filosofía Vishishtadvaita (cualificada como non dualista) competiu coa filosofía do Dvaita (dualismo teísta) de Madhvāchārya, e coa filosofía Advaita (non dualista) de Ādi Shankara, como a tres filosofías Vedanta máis influentes do segundo milenio. Ramanuja presentou a importancia epistémica e soteriolóxica do bhakti, ou a devoción a un deus persoal (no seu caso Vishnu) como medio de liberación espiritual. As súas teorías afirman que existe unha pluralidade e distinción entre Ātman (alma) e Brahman (metafísica, realidade última), mentres que tamén afirmou que hai unidade de todas as almas e que a alma individual ten o potencial de darse conta da identidade co Brahman.
Traxectoria Ramanuja naceu na aldea de Sriperumbudur, Tamil Nadu, preto de Chennai. Os seus seguidores no Vaishnava escribiron haxiografías, algunhas delas realizadas séculos despois da súa morte, que a tradición considera verdadeiras.
As haxiografías tradicionais afirman que Ramanuja tivo como nai a Kānthimathi e como pai a Asuri Kesava Somayāji. Crese que naceu no mes de Chaitra baixo a estrela Tiruvadhirai. Sitúan a súa vida entre 1017 e 1137, o que supón unha lonxevidade de 120 anos. Estas datas son cuestionadas por estudosos modernos en base a rexistros nos templos e a literatura rexional dos séculos XI e XII fóra da tradición Sri Vaishnava, e suxiren que puido vivir entre 1077 e 1157.
Ramanuja casou, mudouse a Kānchipuram e estudou nun mosteiro Advaita Vedānta con Yādava Prakāśa como gurú. Ramanuja e o seu gurú estaban en desacordo con frecuencia na interpretación dos textos védicos, particularmente o Upanishad. Ramanuja e Yādava Prakāśa separáronse e posteriormente Ramanuja continuou os seus estudos pola súa contra.
Intentou coñecer outro coñecido estudoso do século XI, Yamunāchārya, mais a tradición afirma que este faleceu antes do encontro. Ramanuja era bisneto de Yamunāchārya. Porén, algúns haxiógrafos afirman que o cadáver de Yamunāchārya se ergueu de xeito milagroso e nomeou a Ramanuja como o novo líder da seita de Sri Vaishnava antes liderada por Yamunāchārya. Unha haxiografía indica que tras deixar a Yādava Prakāśa, Ramanuja foi iniciado no Sri Vaishnavismo por Periya Nambi, tamén chamado Mahapurna, outro estudoso Vedānta. Ramanuja renunciou á vida de casado e converteuse en monxe. Non obstante, Katherine Young indica que a evidencia histórica de se Ramanuja mantivo unha vida matrimonial ou se renunciou a esta para ser monxe é incerta.<ref name=
Ramanuja converteuse en sacerdote do templo de Varadharāja Perumal (Vishnu) en Kānchipuram, onde ensinou que o moksha (liberación do samsara) se consegue non coa metafísica, nirguna Brahman, senón coa axuda dun deus persoal, saguna Vishnu.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Biography and works, The Internet encyclopaedia of Philosophy Biography of Ramanuja, Sanskrit.org Rāmānuja Biography, Surendranath Dasgupta, 1940 Rāmānuja Literature, Surendranath Dasgupta, 1940 Bibliography of Ramanuja's works, Item 637 , Karl Potter, University of Washington Sri Bhashya: 's commentary on Vedanta Sutras , translated By George Thibaut (1904) Ramanuja.org
Categoría:Nados en Tamil Nadu Categoría:Nados en 1017 Categoría:Finados en 1137 Categoría:Santos do hinduísmo Categoría:Filósofos da India