O Rally do Sil de 1991 foi a sétima edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Disputouse o 6 de abril de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebras", sobre un BMW M3.

Itinerario A proba constou de once treitos por cinco trazados diferentes, tres deles na comarca do Bierzo (Corullón, Friera e Ponferrada, este último sobre terra) e outros dous no concello de Rubiá, na provincia de Ourense (A Veiga de Cascallá e Quereño).

Resumo O BMW M3 de 300CV de Juan Carlos González "Culebras" (co que Pep Bassas correra o Campionato de España) non tivo oposición e marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba. Detrás del e a máis dun minuto chegou á meta o piloto local Antonio Garrido cun Ford Sierra Cosworth e bastante máis atrasado entrou en terceira posición Sergio Vallejo. Tanto Manuel Senra como Arturo Rial tiveron sendas saídas de pista que os apartaron dos postos de cabeza. Senra debutaba cun Peugeot 205 GTI e tras a saída de pista e a pesar dunha boa remontada, só puido chegar cuarto. Pola súa parte, a saída de Rial, coa que rompeu o parabrisas traseiro, atrasouno ata a novena posición final.

Clasificación +PosPilotoVehículoTempo1 Juan Carlos González "Culebras"BMW M31h00'38''2 Antonio GarridoFord Sierra Cosworth1h01'42''3 Sergio VallejoPeugeot 205 GTI1h03'08''4 Manuel SenraPeugeot 205 GTI1h03'19''5 José Manuel López ParadaRenault 5 GT Turbo1h04'08''6 Javier PiñeiroPeugeot 205 Rallye7 Godoy AllerRenault 5 GT Turbo8 Ignacio BiainPeugeot 205 Rallye9 Arturo RialCitroën AX Sport10 Vicente PastorPeugeot 205 Rallye

Notas

Categoría:Rally do Sil Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally