O Rally de Noia de 1993 foi a 10ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 de abril de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.

Itinerario Constou de 83,6 quilómetros cronometrados, divididos en dez treitos, con dúas pasadas por cinco trazados diferentes: Montemuíño (10,3 km), Treites-Belles (5 km), O Tambre (7,35 km), Lesende (10,95 km) e San Fins (8,2 km).

Resumo O equipo de Germán e Estrella Castrillón colocouse en cabeza dende o primeiro treito e foron os máis rápidos en case todos os demais treitos. Por detrás chegaron Senra e Rial, que pouco puideron facer contra o Escort RS Cosworth dos Castrillón. O rally transcorreu sen incidentes excepto polo choque contra un muro do coche número 9, o Peugeot 205 de Santos, que fixo que unha pedra golpease a unha espectadora que tivo que ser evacuada. Isto provocou que o rally se detivese durante máis de 20 minutos.

Clasificación +PosPilotoCopilotoVehículoTempo/diferenza1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS Cosworth2 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTIa 25'' |- !3 | Arturo Rial | Juan Carlos Arias |Citroën AX Sport |a 1'21''4 Juan Carlos Táboas Luis FernándezCitroën AX Sport Notas

Categoría:Rally Ría de Noia Categoría:Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally