miniatura|Pit bull con buceira de paseo. miniatura|Can con buceira. A buceira, tamén chamada bozo, buzo, cofiño, embozo ou vetillo, é un aparello que se emprega para cubrir o fociño dun animal co obxectivo de que este non poida comer ou trabar.
Descrición A buceira consiste nunha estrutura de coiro, plástico ou metal que se adapta ó fociño do animal ó cal se fixa por unha fita que pasa por detrás da cabeza. A buceira axústase ó fociño para impedir que o animal abra a boca pero é aberto abondo para permitirlle respirar.
Usos As buceiras úsanse en diferentes situacións:
Nos animais de carga cando traballan no campo para evitar que paren a comer. Úsase a miúdo nas carreiras de cabalos. Por razóns de seguridade, póñenselles ós cans considerados agresivos cando se sacan de paseo.
Notas
Categoría:Equipamento animal