Jojo Rabbit é un filme estadounidense de 2019 de drama e comedia escrito e dirixido por Taika Waititi que se basea no libro de Christine Leunens Caging Ceos. Roman Griffin Davis interpreta o personaxe principal, Johannes "Jojo" Betzler, un neno membro de Deutsches Jungvolk que descobre que a súa nai (Scarlett Johansson) está agochando unha rapaza xudía (Thomasin McKenzie) no seu ático. Debido a isto debe poñer en dúbida as súas crenzas, mentres lida coa intervención do seu amigo imaxinario, unha versión fantasiosa de Adolf Hitler (Waititi). No filme tamén aparecern Rebel Wilson, Stephen Merchant, Alfie Allen e Sam Rockwell.
Estreouse internacionalmente na 44ª edición do Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2019, onde gañou o meirande premio, o Grolsch People's Choice. Jojo Rabbit estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 18 de outubro de 2019, e nos de Nova Zelandia o 24 de outubro de 2019. Recibiu valoracións positivas, especialmente polas interpretacións, dirección, alma, estilo visual, banda sonora e produción, mais tamén xerou certo criticismo pola representación cómica dos nazis.
Jojo Rabbit foi escollido polo National Board of Review e polo American Film Institute como un dos mellores dez filmes do ano. Na 92ª edición dos Óscar recibiu seis nomeamentos, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor actriz secundaria para Johansson, gañando finalmente o premio mellor guión adaptado. Nos Globos de Ouro estivo nomeado ó mellor filme comedia ou musical e mellor actor comedia ou musical para Davis.
Personaxes Roman Griffin Davis como Jojo Thomasin McKenzie como Elsa Taika Waititi como Adolf Rebel Wilson como Fräulein Rahm Stephen Merchant como Deertz Alfie Allen como Finkel Sam Rockwell como Capitán Klenzendorf Scarlett Johansson como Rosie Archie Yates como Yorki
Acollida Recadación No ano 2020, Jojo Rabbit recadou 33,4 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá, e 57 millóns adicionais noutros territorios, cun total internacional de 90,3 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Taika Waititi Categoría:Filmes producidos por Taika Waititi Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes rodados en Praga Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes sobre a Alemaña nazi