Opuntia é un xénero de plantas da familia das cactáceas. Abrangue máis de 300 especies, todas elas nativas de América, que habitan desde o sur dos Estados Unidos até a Patagonia, onde crecen de forma silvestre. Algunhas delas foron introducidas en Europa polos conquistadores españois para aproveitar solos pouco produtivos do sur da Península Ibérica, e de alí pasaron a Italia —onde existiu en tempos unha pequena industria ligada a elas—, a ao norte de África.

A especie tipo é Opuntia ficus-indica, coñecida popularmente como chumbeira,Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.chumbeira, 1º art. no Dicionario da RAG ou nopal.VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8. Os seus froitos son comestíbes, os figos chumbos, que son moi populares en México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Chile, Arxentina, Perú, Sicilia, no sur da Península Itálica, nas illas Canarias, Andalucía, Estremadura, no sur de Castela e no Levante español, onde incluso fanse produtos tales como zumes, doces ou cervexa cos seus froitos. Tamén se encontra volta ao estado silvestre en gran parte de África do Norte e no deserto do Sáhara, aínda que a súa popularidade e aproveitamento é desigual e nalgunhas zonas inexistente.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito polo botánico escocés Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary...Abridged...fourth edition vol. 2. 1754.

Etimoloxía Para algúns etimoloxistas, o nome do xénero, Opuntia, provén do grego antigo usado por Plinio o Vello para denominar unha planta que crecía ao redor da cidade de Opunte, en Grecia. Nomes botánicos. Para outros, deriva tamén do grego antigo, pero do nome da cidade da Grecia antiga Opus, onde, segundo Teofrasto, crecía unha planta comestíbel, que podía propagarse arraigando as follas.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Opuntia no International Plant Names Index (IPNI). Consultado o 6 de maio de 2020.

Airampoa Fric Cactodendron Bigelow (nom. inval.) Cactus Lem. Chaffeyopuntia Fric & Schelle Clavarioidia Kreuz. (nom. inval.) Ficindica St.-Lag. Nopalea Salm-Dyck Parviopuntia Soulaire & Marn.-Lap. (nom. inval.) Phyllarthus Neck. ex M. Gómez (nom. inval.) Pseudotephrocactus Fric Salmiopuntia Fric (nom. inval.) Subulatopuntia Fric & Schelle Tunas Lunell Weberiopuntia Fric

Notas taxonómicas Cando Carl Linnaeus publicou Species Plantarum en 1753, o punto de partida para a moderna nomenclatura botánica, colocou a todas as especies de cactos coñecidas nun único xénero, Cactus. En 1754, Philip Miller dividiunas en varios xéneros, incluído Opuntia. Distinguiu o xénero en boa medida pola forma das súas flores e froitos.

Hai unha variación considerábel na taxonomía dentro das especies de Opuntia, o que deu lugar a diferentes nomes para as variedades ou subtipos dentro dunha especie, e o uso de secuenciación de ADN é necesario para definir e illar varias especies.Opuntia ficus-indica en CABI. Consultada o 6 de maio de 2020.

Especies máis coñecidas alt=Opuntia Ficus Indica in Behbahan, Irán|thumb|Opuntia ficus-indica en Behbahan, Irán

As especies de Opuntia hibridan facilmente.Griffith, M. P. (2004): "The origins of an important cactus crop, Opuntia ficus-indica (Cactaceae): New molecular evidence". American Journal of Botany 91 (11): 1915–1921. Texto completo . Consultado o 6 de maio de 2020. Isto pode dificultar a clasificación, producindo unha filoxenia reticulada onde se xuntan diferentes especies na hibridación. Ademais, non todas as especies enumeradas aquí poden pertenceren a este xénero, o que significa que Opuntia non é un grupo monofilético.

Opuntia tamén ten unha tendencia á poliploidía. O estado diploide ancestral era 2n = 22, pero moitas especies son hexaploides (6n = 66) ou octaploides (8n = 88).

thumb|Opuntia basilaris thumb|right|Opuntia cochenillifera thumb|Opuntia diploursina thumb|right|Opuntia fragilis thumb|Opuntia humifusa thumb|Opuntia macrocentra thumb|right|Opuntia oricola thumb|right|Opuntia ovata thumb|right|Opuntia robusta thumb|right|Opuntia pinkavae thumb|right|Opuntia polyacantha

Opuntia abjecta Opuntia aciculata Opuntia alta Opuntia ammophila Opuntia anacantha Opuntia anahuacensis Opuntia arenaria Opuntia articulata Opuntia atrispina Opuntia auberi Opuntia aurantiaca Opuntia aurea Opuntia aureispina Opuntia azurea Opuntia basilaris Opuntia bentonii Opuntia blakeana Opuntia boldinghii Opuntia cacanapa Opuntia camanchica Opuntia canada Opuntia cespitosa Opuntia charlestonensis Opuntia chaffeyi Opuntia chlorotica Opuntia chisosensis Opuntia clavata Opuntia cochenillifera Opuntia comonduensis Opuntia columbiana Opuntia confusa Opuntia covillei Opuntia curassavica Opuntia curvospina Opuntia cyclodes Opuntia cymochila Opuntia debreczyi Opuntia decumana Opuntia decumbens Opuntia dejecta Opuntia dillenii Opuntia diploursina Opuntia discata Opuntia dulcis (sin. O. phaeacantha major) Opuntia echinocarpa Opuntia echios Opuntia echios var. gigantea Opuntia elata Opuntia elatior (sin. O. bergeriana) Opuntia engelmannii Opuntia erinacea Opuntia exaltata Opuntia excelsa Opuntia ficus-barbarica Opuntia ficus-indica Opuntia fragilis Opuntia galapageia Opuntia gosseliniana Opuntia gosseliniana var. santa-rita Opuntia chlorotica var. gosseliniana Opuntia helleri Opuntia hickenii Opuntia humifusa (ás veces incluída en O. compressa) Opuntia hyptiacantha Opuntia inamoema Opuntia insularis Opuntia invicta (sin. Corynopuntia invicta, Grusonia invicta) Opuntia jamaicensis Opuntia laevis Opuntia lasiacantha Opuntia leucotricha Opuntia lindheimeri Opuntia littoralis Opuntia longispina Opuntia macrocentra Opuntia macrorhiza (sin. O. leptocarpa, O. tenuispina, O. tortispina Opuntia matudae (sin. Opuntia joconostle) Opuntia maldonandensis Opuntia maxima Opuntia megacantha Opuntia megarrhiza Opuntia megasperma Opuntia microdasys Opuntia monacantha Opuntia nemoralis Opuntia nichollii Opuntia oricola Opuntia ovata Opuntia pachyrrhiza Opuntia pailana Opuntia paraguayensis Opuntia phaeacantha Opuntia picardoi Opuntia pinkavae Opuntia polyacantha Opuntia polyacantha var. arenaria (sin. O. erinacea) Opuntia pubescens (sin. O. pascoensis) Opuntia pusilla (sin. O. drummondii) Opuntia quitensis (sin. O. macbridei, O. johnsonii, Platyopuntia quitensis) Opuntia rastrera Opuntia repens Opuntia retrosa Opuntia robusta Opuntia rufida (ás veces incluída en O. microdasys) Opuntia saxicola Opuntia schumannii Opuntia soehrensii thumb|right|Opuntia stenopetala Opuntia stenopetala (sin. O. riviereana) Opuntia streptacantha Opuntia stricta Opuntia sulphurea Opuntia taylori Opuntia tehuantepecana Opuntia tomentosa Opuntia triacantha Opuntia trichophora Opuntia tuna Opuntia velutina Opuntia violacea

Xéneros antigamente incluídos en Opuntia Austrocylindropuntia Brasiliopuntia Corynopuntia Cylindropuntia Micropuntia Miqueliopuntia

Características Este extenso xénero abarca plantas de moi diferentes tamaños, desde a pequena Opuntia microdasys var. albispina, chamada comunmente "á de anxo" polos seus gloquidios de diminutas espiñas brancas que lle dan un aspecto aveludado, até especies arbustivas ou arbóreas con tronco e copa, como Opuntia leucotricha, que pode chegar a medir 5 m de altura.

Son plantas moi rústicas e ramificadas, con ramas moi estendidas ou inclinadas. Os segmentos (cladodios) son característicos do xénero, con aparencia de folla carnosa, planos e xeralmente ovais; teñen a capacidade de convertérense en caules e, á súa vez, emitir novos segmentos e flores.

Outra peculiaridade son os gloquidios ao redor das aréolas almofadiñas con diminutas e finas espiñas (como cabelos) que lle dan a algunhas especies aspecto afelpado.

Algunhas especies posúen duras espiñas, de até 10 cm de longo, recubertas por unha serra dentada en sentido oposto, polo que cando se cravan na pel dunha persoa a súa extracción adoita ser algo dolorosa.

miniatura|200px|Opuntia ficus-indica

As flores destas plantas son grandes, moi abertas e de cores que varían entre a amarela, a alaranxada, a vermella e até a púrpura. Aparecen nos bordos dos segmentos, podendo nacer incluso nas aréolas dos froitos.

Os froitos teñen un sictoma relaxante, o que orixina un grupo de froitos amontoados xurdidos de cada flor.

O froito (figo chumbo) é globoso ou ovoide, de tres a cinco centímetros de lonxitude, de cor verde que se torna avermellada ou alaranxada ao madurar, ou amarela ou branca en certas variedades. É unha baga cuberta de aréolas con espiñas curtas pero fortes, similares ás do caule que a produce, podendo ser moradas, brancas, amarelas, lilas, rosadas, vermellas ou alaranxadas. A polpa que contén no seu interior é dunha cor carmín, amarela, branca o verde, e é de sabor agradábel e refrescante cando está ben madura. As numerosas sementes que contén, e que inevitabelmente deben ser consumidas xunto coa carne do froito, adoitan seren algo incómodas, pese a non ser prexudiciais para o organismo, senón ao contrario, resultan dixestivas.

Pese a seren un grupo moi amplo e heteroxéneo, todas as chumbeiras comparten o metabolismo ácido das crasuláceas (CAM) para a fixación de dióxido de carbono para a fotosíntese. Deste modo, a absorción do CO2 da atmosfera lévase a cabo unicamente pola noite, cando a planta abre os seus estomas, e deste modo evita ter que abrilos polo día (o que suplía unha gran perda de auga no seu clima árido natural).

Simboloxía miniatura|200px|Unha aguia real pousada sobre un nopal no Escudo de México. O nopal é un dos símbolos nacionais de México. Encóntrase plasmado no seu Escudo Nacional sostendo unha aguia real que devora unha serpente, enraizado nunha pequena illa de pedra sobre a auga, (en México hai hai oito especies endémicas de nopais).

Esta planta é parte da mitoloxía mexica, na que se considera como a planta da vida, xa que aparentemente nunca morre, posto que ao secar pode dar vida a unha nova planta.

Segundo os mitos mexicas, o primeiro nopal naceu do corazón de Copil, o fillo de Malinalxóchitl, quen, ao tratar de vingarse do seu tío Huitzilopochtli por deixar soa á súa nai, foi mandado a matar por este.

Segundo conta a lenda, Huitzilopochtili mandou sacarlle o corazón a Copil, e que logo fose enterrado nunhas penas. Ao día seguinte apareceu o primeiro nopal: con espiñas de valente guerreiro e flores dun fillo que defende á súa nai.

O figo chumbo como alimento Valor nutricional por 100 g miniatura|300px|Cultivo de nopal en Tlayacapan, Morelos (México). miniatura|300px|Tunas peladas en venda en Zacatecas.

Enerxía: 41 kcal (172 kJ) Proteínas: 0,7 g Graxas: 0,5 g Carbohidratos: 9,6 g Fibra alimentaria: 3,6 g Minerais Calcio: 56 mg (6 %) % da cantidade diaria recomendada para adultos. Ferro: 0,3 mg (2 %) Magnesio: 85 mg (23 %) Fósforo: 24 mg (3 %) Potasio: 220 mg (5 %) Sodio: 0,1 mg (0 %) Zinc: 0,1 mg (1 %) Vitaminas Retinol (vit. A): 25 μg (3 %) Riboflavina (vit. B2): 0,1 mg (7 %) Niacina (vit. B3): 0,5 mg (3 %) Vitamina B6: 0,1 mg (8 %) Ácido fólico: 6 μg (2 %) Vitamina C: 14,0 mg (17 %) Vitamina E: 0 mg (0 %) Auga: 88 g

Fonte:Figo chumbo na base de datos de nutrientes do USDA.

Gastronomía Caules miniatura|Ensalada de nopales. Os cladodios xoves deste cacto son usados na gastronomía de México para preparar o prato chamado nopalito ou ensalada de nopales, para o que tamén se emprega cilantro e sal.Ensalada de nopales .Ensaladas vegetarianas.

O nopalito é baixo en carbohidratos e pode axudar no tratamento da diabetes.Use Of The Latin Food Staple Nopales: The Prickly Pear Cactus

Froitos miniatura|Nopal con tunas vermellas, en Querétaro (México).