miniatura|300px|Micrografía que mostra un corpo de Mallory coa característica aparencia cordas enroscadas (centro da imaxe, cun hepatocito globoso). Tinguidura de hematoxilina-eosina. En histopatoloxía, un corpo de Mallory, corpo de Mallory-Denk ou hialino de Mallory é unha inclusión que se encontra no citoplasma das células hepáticas. Os corpos de Mallory son filamentos intermedios danados que están dentro dos hepatocitos.
Condicións asociadas
Os corpos de Mallory atopárone clasicamente no fígado de persoas que padecen a enfermidade hepática alcohólica e antes pensábase que eran específicas dela.
Son máis comúns na hepatite alcohólica (prevalencia do 65%) e na cirrose alcohólica (prevalencia do 51%).
Son unha característica recoñecida da enfermidade de Wilson (25%), a cirrose biliar primaria (24%), a cirrose non alcohólica (24%), o carcinoma hepatocelular (23%) e a obesidade mórbida (8%), entre outras condicións. Porén, informouse da súa presenza nalgunhas outras condicións non relacionadas.
Aspecto Os corpos de Mallory son altamente eosinófilos, polo que aparecen de cor rosa coa tinguidura de hematoxilina-eosina. Os propios corpos están feitos de proteínas de filamentos intermedios de citoqueratina 8/18, que foron ubiquinadas, ou unidas a outras proteínas como as proteínas de choque térmico, ou p62/Secuestosoma 1.
Epónimo O nome procede do patólogo americano Frank Burr Mallory, que foi quen primeiro describiu as estruturas en 1911. Foron renomeados como corpos de Mallory-Denk en 2007 en honor á contribución do patólogo austríaco Helmut Denk pola análise molecular da patoxénese destes corposs.
Galería
Notas
Categoría:Histopatoloxía