Para outras moedas coa denominación de "pataca", véxase a páxina de homónimos Pataca (moeda).

A pataca timorense foi a unidade monetaria do Timor portugués entre 1894 e 1958, bardante no período 1942-1945, cando as forzas xaponesas de ocupación introduciron o florín (gulden) das Indias Orientais Neerlandesas e a rupia (roepiah).

Do mesmo xeito que no caso da pataca de Macau, a unidade monetaria de Timor Leste estaba baseada nos pesos mexicanos cuxa circulación foi moi abundante na rexión en xeral durante todo o século XIX. Esas moedas de prata procedían dos reais de oito españois que os portugueses introduciran na rexión a partir da Malaca portuguesa, e tamén polos españois a través do comercio do "Galeón de Manila"."The unusual history of the pataca, Macao’s local currency ". En MacauHUB. 7 de decembro de 2012.

Historia miniatura|159x159px|Peso español para a circulación nas Illas Filipinas con signos chineses para o seu uso en Timor. A pataca implantouse por vez primeira no Macau no Timor portugueses en 1894, aínda que daquela só como unidade de conta para marcar o valor das moedas de prata españolas e mexicanas.History of Timor . Centro de Estudos sobre África e o Desenvolvimento. Universidade de Lisboa. Páxinas 103-104. En 1894, Macau e o Timor portugués constituían unha única entidade administrativa, mais en 1896 Timor fíxose autónomo de Macau.

Naquel momento non había unha única unidade monetaria en circulación, xa que á prata española e hispanoamericana se lle sumaban moedas similares da China e dólares de comercio británicos, que foran cuñados inicialmente para o seu uso en Hong Kong e nos Establecementos do Estreito. En Timor Leste, a moeda de 2½ floríns das Indias Orientais Neerlandesas era equivalente en valor ao dólar de prata.

En 1901, determinouse a creación dunha moeda especificamente concibida para a súa circulación en Macau e encomendóuselle en exclusiva ao Banco Nacional Ultramarino a facultade de emitir billetes de curso legal. Os primeiros entraron en circulación en 1906, coa equivalencia dunha pataca = 1 dólar das Colonias do Estreito, que tamén se acababa de crear, ou, o que é o mesmo, 2 xilins e 4 peniques). A súa circulación acabou por estendeuse tamén ao territorio de Timor, carente aínda de moeda propia.

Do mesmo xeito que nas Colonias do Estreito, prohibiuse a circulación de calquera moeda estranxeira, coa intención de que as novas moedas establecesen os seus propios valores no mercado. Os chineses receaban daquelas patacas de papel, afeitos como estaban ás moedas de prata, polo que os billetes circulaban sempre cun desconto no seu valor en relación coas moedas de prata.

Aínda que os billetes de patacas circulaban tamén en Timor, en 1912 determinouse crear billetes propios para a súa circulación alí. En tanto que ambas as patacas continuaban a circular con desconto en relación aos dólares de prata que se utilizaban na rexión (fundamentalmente os dólares de comercio da China e de Hon Kong), o dólar das Colonias do Estreito vinculouse á libra esterlina e adoptou o padrón ouro, co que as patacas e os dólares pasaron a ter cotizacións totalmente independentes. En 1935, cando a China e Hong Kong abandonaron o padrón prata, as patacas de Macau e de Timor pasaron a estar vinculadas ao escudo portugués, cunha taxa de 1 pataca = 5,5 escudos, o que as facía equivalentes ao xilin británico (xa que daquela unha libra equivalía a 110 escudos).

In 1942, durante a segunda guerra mundial, as patacas de Timor e de Macau foron substituídas por emisións xaponesas feitas co mesmo valor que o do florín das Indias Orientais Neerlandesas. Ese florín acollera o padrón ouro ata a década de 1930 e aumentara o seu valor en relación co da pataca, co que o valor de ambas as moedas tendeu a igualarse (partindo da relación 1 pataca = 2½ floríns do inicio do século).Shibata, Y. (1996). Páxinas 711-712.

Cando se reintroduciu a pataca timorense logo da segunda guerra mundial, retomou a súa vinculación ao escudo portugués coa mesma taxa que se establecera en 1935 (5,5 escudos = 1 pataca), aínda que cambiou a 5 escudos = 1 pataca en 1949, e emitíronse tamén moedas metálicas divisionarias co seu valor facial en avos (100 avos = 1 pataca). En 1951, cesou en Timor a cuñaxe de moedas de avos (non así en Macau, onde se seguiron emitindo no ano seguinte).

Finalmente, en 1958, a pataca timorense foi substituída polo escudo timorense, cunha taxa de 1 pataca = 5,6 escudos.History of Timor .Centro de Estudos sobre África e o Desenvolvimento. Universidade de Lisboa.. Páxina 138.

En 1975, o Timor portugués foi invadido por Indonesia e introduciuse a moeda dese país. Cando o territorio de Timor Leste accedeu á súa independencia en 2002, estableceuse o dólar estadounidense como moeda oficial.

Moedas En 1945 comezouse a emitir unha serie de moedas de 10 avos, 20 avos e 50 avos. As súas características metrolóxicas correspondíanse coas das portuguesas de 20 centavos e de 1 e 2½ escudos. Estas emisións detivéronse en 1951.Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Páxina 2.093. ImaxeValor facialDatasAliaxePesoDiámetro70x70px60x60px10 avos "10 avos". Numista.1945 1958

1951Bronce3,00 g20,00 mm70x70px70x70px20 avos "20 avos". Numista. 1945Alpaca8,00 g26,80 mm70x70px70x70px50 avos "50 avos". Numista.1945 1948

1951Prata3,5 g20,00 mm

Billetes Logo de abrir unha delegación en Dili en abril de 1912, o Banco Nacional Ultramarino introduciu billetes (que aparecen datados en 1910) cos valores nominais de 1, 5, 10 e 20 patacas. O billete de 25 patacas de Macau circulaba tamén en Timor naquel momento.Sáez Salgado J. (1997). Páxinas 101-110.Mongadesilva. (2011). "Catálogo das notas de Timor". Numismatas.com

Valor nominalEmisiónCorMedidasTipo de emisiónImpresor1 pataca "1 pataca de 1910". Realbanknotes.com1910Púrpura126x90Emisión específica.Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.5 patacas. "5 patacas de 1910". Realbanknotes.com1910Marrón e amarelo138x9910 patacas "10 patacas de 1910". Realbanknotes.com1910Azul143x10620 patacas "20 patacas de 1910". Realbanknotes.com1910Verde e gris143x111

En 1920 engadíuselle á serie o valor de 25 patacas, sobreestampando os billetes de Macau do mesmo valor que xa viñan utilizándose en Timor. Valor nominalEmisiónCorMedidasTipo de emisiónImpresor25 patacas "25 patacas de 1920". Realbanknotes.com1920Salmón201x125Sobreimpresión PAGÁVEL EM DILLY TIMOR sobre billete de MacauBarclay & Fry, Ltd, London.

En 1940 introducíronse os billetes fraccionarios de 5, 10 e 50 avos. Algúns destes billetes eran simples reestampaxes sobre billetes de patacas macaenses. En 1945 puxéronse en circulación billetes de 5, 25 e 100 patacas especificamente emitidos para Timor.

Valor nominalDatasCorMedidasTipo de emisiónImpresor5 avos "5 avos de 1940". Realbanknotes.com1940Marrón85x47Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d).Hong Kong Printing Press.5 avos "5 avos de 1940 (vermello)". Realbanknotes.com1940Vermello90x55Emisión específica.Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.10 avos "10 avos de 1940". Realbanknotes.com1940Verde100x55Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d).Hong Kong Printing Press.10 avos "10 avos de 1940". Realbanknotes.com1940Verde105x60Emisión específica.Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.50 avos1940Marrón124x65Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d).Kong Printing Press.50 avos "50 avos de 1940". Realbanknotes.com1940Púrpura120x65Emisión específica.Baldbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.5 patacas "5 patacas de 1945". Realbanknotes.com1945Verde e amarelo182x115Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1924).Thomas de la Rue & Cº, Ltd, London.25 patacas "25 patacas de 1945". Realbanknotes.com1945Rosado201x125Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1907).Barclay & Fry, Ltd, London.100 patacas "100 patacas de 1945". Realbanknotes.com1945Amarelo210x137Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1906 e 1919).Barclay & Fry, Ltd, London.

Tamén en 1945, engadíronse billetes para Timor cos valores de 1, 5, 10, 20 e 25 patacas, seguidos dos de 20 avos en 1948.

Valor nominalDatasCorMedidasObservaciónsImpresor200x200px20 avos "20 avos de 1948". Realbanknotes.com1948Verde e marrón110x60Emisión específica.Bradburry, Wilkinson & Cº, Ltd, London.1 pataca "1 pataca de 1945 (salmón)". Realbanknotes.com.1945Salmón127x72Emisión específica.Litografia Nacional, Porto1 pataca "1 pataca de 1945 (verde)". Realbanknotes.com.1945Verde140x65Emisión específicaWaterlow & Sons, Ltd, Londres.5 patacas "5 patacas de 1945". Realbanknotes.com.1945Marrón145x68Emisión específica.Waterlow & Sons, Ltd, Londres.10 patacas "10 patacas de 1945". Realbanknotes.com.1945Vermello150x70Emisión específica.Waterlow & Sons, Ltd, Londres20 patacas "20 patacas de 1945". Realbanknotes.com1945Azul155x73Emisión específica.Waterlow & Sons, Ltd, Londres25 patacas "25 patacas de 1945". Realbanknotes.com1945Rosa155x73Emisión específica.Waterlow & Sons, Ltd, Londres

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Economía de Timor Leste Pataca macaense Avo (moeda)

Bibliografía

Correia de Campos, J. A. (1932). A Resolucão do Problema Monetario de Timor. Sociedade Nacional de Tipografia. Lisboa. Ferraro Vaz, J. (1964). Moeda de Timor. Banco Nacional Ultramarino. Lisboa. Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Standard Catalog of World Coins 1901-2000. 39 ed. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-1172-8 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9 Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8 Sáez Salgado J. (1997). O Papel Moeda das antigas Colónias Portuguesas . Lisboa. Fundação Dr. António Cupertino de Miranda. ISBN 972-96694-3-0 Shibata, Y. (1996). "The Monetary Policy in the Netherlands East Indies under the Japanese Administration". En Bijdragen tot de Taal-, Land- en Volkenkunde. 152 (4): 699-724.

Ligazóns externas

Catálogo dos billetes de Timor

Categoría:Moedas de Timor Leste Categoría:Moedas fóra de curso