A lingua inga ou inga kichwa é unha variedade do kichwa falada polo pobo inga, que habita no departamento colombiano de Putumayo. Existen dous dialectos: o das terras altas, falado no val de Sibundoy, e o da xungla, falada na zona dos ríos Putumayo e Japurá. Ethnologue 16 sinala que o inga das terras altas é parcialmente intelixible co kichwa de Imbabura. O inga está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Roger Parks: The Historical-Comparative Classification of Colombian Inga (Quechua) (PDF) Comité de Educación Inga de la Organización "Musu Runakuna", Diccionario Inga (edición interine en el nuevo alfabeto). Borrador de setembro de 1997 (PDF)
Categoría:Linguas quechuas Categoría:Linguas de Colombia