Francis Pegahmagabow, nado o 9 de marzo de 1891 e finado o 5 de agosto de 1952, foi un soldado, político e activista canadense de orixe ojibwa. Foi o miliar máis condecorado pola súa valentía na historia militar canadense,"Legendary Ojibwa sniper unsung hero of WW I". CBC News Indigenous, 1 de agosto de 2014. sendo o francotirador máis efectivo da primeira guerra mundial. Foi galardoado tres veces coa Medalla Militar e foi gravemente ferido en combate. Era un experto tirador e explorador, con 378 mortes alemás acreditadas e máis de 300 capturados. Posteriormente, serviu como xefe e como conselleiro da Primeira Nación Wasauksing, e foi un activista e líder de diferentes organizacións das Primeiras Nacións. Mantivo correspondencia e coñeceu a outras figuras nativas americanas como Fred Loft, Jules Sioui, Andrew Paull e John Tootoosis.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Pobo ojibwa