Mommy é un filme canadense de 2014 escrito e dirixido por Xavier Dolan e protagonizado por Anne Dorval, Antoine Olivier Pilon e Suzanne Clément. A historia céntrase nunha nai cun fillo adolescente violento que loita para controlar o seu comportamento nun futuro hipotético no que os pais teñen a opción legal de ingresar fillos problemáticos en hospitais públicos.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014, onde gañou o Premio do Xurado. Converteuse nun éxito de recadación e da crítica, conseguindo máis de 13 de millóns de dólares en todo o mundo. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse No Canadá, promúlgase unha lei a partir de 2014 (Lei 14 S), que permite que os pais de nenos e adolescentes con dificultades, doenza ou problemas de comportamento, poidan levalos a un hospital psiquiátrico.
Diane, unha viúva de corenta anos que vive nos suburbios de Montreal, faise cargo do seu fillo Steve, que estaba ingresado nunha institución polo seu comportamento. Steve é un adolescente que sofre un trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH11). A súa violenta e perigosa conduta lévao a graves consecuencias.
Personaxes Anne Dorval como Diane "Die" Després Antoine Olivier Pilon como Steve Després Suzanne Clément como Kyla Alexandre Goyette como Patrick Patrick Huard como Paul Béliveau Steven Chevrin como Steve de maior
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Xavier Dolan Categoría:Filmes ambientados en Montreal Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais