O Rally da Coruña de 1994 foi a 12ª ediciónEn 1982 xa se disputara a 12ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo. de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse o 19 de novembro de 1994 e o vencedor foi o navarro Jaime Azcona. Seu irmán, Javier Azcona, proclamouse campión de Galicia de rally ao rematar cuarto.
Itinerario Constou de 164,82 km cronometrados. Pola mañá os pilotos dúas pasadas os treitos da Tablilla, Soandres, Meirama-Quembre e Carral-Xalo, mentres que pola tarde a competición transcorreu polos treitos de Aranga, Monfero, Doroña e Vilouzás, tamén con dúas pasadas a cada un deles.
Resumo O noiés Arturo Rial liderou os 12 primeiros treitos do rally pero a falta de catro treitos, e cando lle sacaba 52 segundos ao seguinte participante, tivo que abandonar tras unha saída da estrada en Aranga. Borja Moratal, que ía segundo por detrás de Rial tamén tivo que abandonar despois de caer por un terraplén en Meirama. Tras o abandono de Moratal, foi Germán Castrillón quen se colocou segundo e comezou a recortar distancias con Rial, ata que rompeu o cable do acelerador, o que o relegou até a décima praza, aínda que logo conseguiu acabar quinto. O navarro Jaime Azcona aproveitou todos estes problemas dos seus rivais para conseguir a súa primeira vitoria no Campionato de España de Rallys. Seu irmán Javier, que chegou cuarto, sumou os puntos suficientes para superar a Miguel Dopico na clasificación do Campionato de Galicia de Rally e proclamarse campión.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 106 Rallye2h 53' 14"2 Miguel Martínez-Conde Felipe AlonsoRenault Clio Williams2h 44' 45"3 David Guixeras Jordi AlbadalejoPeugeot 106 Rallye2h 58' 47"4 Javier Azcona Inma VittoriniRenault Clio Williams2h 54' 05"5 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS Cosworth3h 00' 38"Abandonos- Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën ZX 16v-- Borja Moratal Alfredo RodríguezPeugeot 306 S16-- Sergio Vallejo-- Roberto Blach-- Ricardo Vidal-- Óscar OuteiriñoRenault 5 GT Turbo- Elías Ares Segundo PampillónCitroën AX GT
Notas
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally