Richard Francis Gordon Jr., nado en Seattle (Washington) o 5 de outubro de 1929 e finado o 6 de novembro de 2017, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 11 e Apollo 12.

Traxectoria Gordon graduouse en química pola Universidade de Washington en 1951. En 1953 incorporouse á Armada dos Estados Unidos de América, chegando ao grao de capitán. En 1957 daba clases na Escola de Pilotos de Probas da Armada en Patuxent River, Maryland.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en outubro de 1963. Participou nas misións Gemini 11 e Apollo 12, pasando un total de 13,16 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gemini 11 Apollo 12

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Finados en 2017