Jason Andre Caffey, nado o 12 de xuño de 1973 en Mobile, Alabama, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Pasou toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA), onde gañou dos campionatos cos Chicago Bulls nas tempadas 1995–96 e 1996–97.

Traxectoria profesional Caffey foi seleccionado na 20ª posición do Draft da NBA de 1995 polos Chicago Bulls, onde conseguiu dous aneis consecutivos, en 1996 e 1997, acadando 7.3 puntos por encontro na súa derradeira tempada en Chicago.

Antes de poder gañar o seu terceiro campionato consecutivo cos Bulls, foi traspasado a mediados da 1997–98 ós Golden State Warriors. No verán de 1999, asinou un novo contrato cos Warriors por sete anos e 35 millóns de dólares. Na súa última tempada con Golden State, acadou 12.0 puntos e 6.8 rebotes por encontro.

Na tempada 2000–01 uniuse ós Milwaukee Bucks, cos que xogou durante tres tempadas antes de que a súa carreira rematara debido a problemas persoais, incluíndo un ataque de ansiedade en 2002 e unha acusación por agresión en 2003. Antes do comezo da tempada 2003–04, os Bucks rescindiron o contrato de Caffey.http://www.findarticles.com/p/articles/mi_qn4196/is_20031018/ai_n10926743

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Mobile Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks