Atanarjuat (en ) é un filme canadense de 2001 dirixido polo inuit Zacharias Kunuk e producido pola súa empresa Igloolik Isuma Productions. Foi a primeira longametraxe en ser escrita, dirixida e actuada completamente en lingua inuktitut. Ambientado no pasado antigo, o filme conta unha lenda inuit transmitida durante séculos a través da tradición oral. Conta a historia do personaxe do título, cuxo matrimonio coas súas dúas mulleres lle carrea a animosidade do fillo do líder do campamento, quen mata ó irmán máis vello de Atanarjuat e forza a Atanarjuat a fuxir a pé.

O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2001 en maio de 2001, e estreouse no Canadá o 12 de abril de 2002. Un grande éxito da crítica, Atanarjuat gañou a Caméra d'Or en Cannes, seis Premios Genie, incluíndo o premio a mellor filme. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 74ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Atanarjuat tamén foi un éxito comercial, converténdose no filme con maior recadación do Canadá no ano 2002, superando a comedia comercial Men with Brooms. Recadou máis de 5 millóns de dólares en todo o mundo. En 2015, unha enquisa de directores e críticos no Festival Internacional de Cinema de Toronto considerouno un dos mellores filmes canadenses de tódolos tempos.

Personaxes Familia de Atanarjuat Natar Ungalaaq como Atanarjuat, "o corredor veloz" Pakak Innuksuk como Amaqjuaq, "o forte", irmán máis vello de Atanarjuat Neeve Irngaut como Uluriaq, muller de Amaqjuaq Felix Alaralak como Tulimaq, pai de Atanarjuat Stephen Qrunnut como Tulimaq de mozo Kumaglaq, o fillo de Atanarjuat e Atuat; homónimo do antigo líder do campamento

Familia de Oki Peter-Henry Arnatsiaq como Oki, rival de Atanarjuat Lucy Tulugarjuk como Puja, a irmá malcriada de Oki Apayata Kotierk como Kumaglak, o vello líder do campamento Madeline Ivalu como Panikpak, muller de Kumaglak, nai de Sauri, avoa de Oki e Puja, e irmá de Qulitalik Mary Angutautuk como Panikpak de moza Pauloosie Qulitalik como Qulitalik, irmá de Panikpak Charlie Qulitalik como Qulitalik de moza Mary Qulitalik como Niriuniq, muller de Qulitalik Eugene Ipkarnak como Sauri, líder do campamento Eric Nutarariaq como Sauri de mozo

Outros Sylvia Ivalu como Atuat, pretendente como esposa de Atanarjuat e Oki Abraham Ulayuruluk como Tungajuaq, o xamán malvado Luke Taqqaugaq como Pittiulak, compañeiro de Oki Alex Uttak como Pakak, compañeiro de Oki

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inuktitut Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Zacharias Kunuk Categoría:Filmes rodados en Nunavut Categoría:Filmes ambientados na América precolombiana Categoría:Filmes ambientados en Nunavut