miniatura|307x307px|"Carniceiro de Bogotá" de Ramón Torres Méndez, litografía que amosa a un home con ruana (á dereita). A ruana (posiblemente do castelán que quere dicir "manta raída", do chibcha ruana "terra de mantas", ou do quechua ruana "tecido") é un tipo de poncho solto sen mangas e aberto na súa parte central baixo o oco onde se coloca a cabeza de quen o viste, en forma de capote fabricado de maneira artesanal que se usa enriba doutras pezas, o cal ten forma cadrada ou rectangular e que no centro posúe un buraco para pasar a cabeza. A ruana é orixinaria dos Andes colombianos. En Colombia, a ruana constitúe a peza característica e tradicional do departamento de Boyacá elaborada inicialmente por indíxenas e mestizos e utilizada dende a época da colonia, aínda que tamén é elaborada nos departamentos de Cundinamarca, Antioquia, Nariño, Bogotá, Santander (Colombia), Norte de Santander e Caldas. En Venezuela é moi utilizada e elaborada nos estados andinos de Táchira, Mérida e Trujillo, utilizada dende a colonia por todos os habitantes venezolanos, actualmente só na rexión andina se mantén o seu uso tradicional.

Orixe A verba ruana é de orixe descoñecida, mais pode vir do castelán "ruana" en referencia a unha tea de la, irregular ou relacionada coa rúa. Porén, aínda que de maneira dubidosa, segundo ProColombia (former Proexport), a axencia oficial de Colombia ó cargo do turismo internacional e o investimento estranxeiro, a palabra ruana provén do muisca ruana quere dicir "terra de mantas", en referencia ós tecidos de la manufacturados polos muiscas e os timoto-cuicas.

A orixe desta peza aínda é descoñecida. Algúns cren que se trata dunha fusión dos capotes españois coa manta ou chircate tradicional dos indíxenas muiscas, quen tiveron asentamento nos actuais departamentos de Boyacá, Cundinamarca e sur de Santander, sendo usada tamén por tribos dos timoto-cuicas; mentres que outros cren que se tomou ese nome dos panos que os españois trouxeron dende Ruán, en Francia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Proexport con información sobre ruanas

Categoría:Cultura de Colombia Categoría:Cultura de Venezuela