Kamran Bayram oğlu Əliyev, nado o 18 de novembro de 1965, é un fiscal acerbaixano que dende o 1 de maio de 2020 é fiscal xeral da República de Azerbaidján.

Traxectoria Naceu na rexión Balaken , licenciouse na facultade de dereito da Universidade Estatal de Irkutsk en 1987 e pouco despois recibiu o nomeamento como investigador da fiscalía de transportes de Chita e máis tarde traballou como investigador xefe na Fiscalía de transportes de Transbaikal.

En 1990-1993 continuou a súa formación na escola de posgrao do Instituto de Investigacións Científicas da oficina da Fiscalía Xeral da URSSCoa disolución da URSS pasou a depender da Fiscalía Xeral de Rusia e en 1993 leu a súa tese de doutoramento, tras o que marchou á súa república natal e, xa que logo, a depender do seu sistema xudicial.

Dende 2007 dirixe a dirección xeral anticorrupción da fiscalía acerbaixana, e en 2014 asumiu o posto de fiscal xeral adxunto .

O 1 de maio de 2020 o presidente de Azerbaidján, İlham Əliyev asinou o decreto do seu nomeamento como fiscal xeral de Azerbaidján .

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Azerbaidján Categoría:Fiscais