Lagosuchus é un xénero de pequeno arcosauro avemetatarsaliano do período Triásico medio e serodio. Pénsase que está estreitamente relacionado cos dinosauros, como membro do Dinosauromorpha. Os seus fósiles foron atopados na formación Chañares da Arxentina, a datación dos cales é incerta; algunhas fontes dátano do Triásico medio mentres que outras ó Carniano temperán.

Historia A especie tipo, Lagosuchus talampayensis, foi descrita por primeira vez por Alfred S. Romer en 1971, quen o considerou como un "pseudosuquio" (daquela unha colección de varios dinosauros "tecodontes"). En 1972, nomeouse unha segunda especie, Lagosuchus lilloensis, coñecido por un grande esqueleto ben conservado. Unha revisión posterior de José Fernando Bonaparte en 1975 considerou as dúas especies como sinónimas e considerou o Lagosuchus como un intermedio entre os "pseudosuquios" e os dinosauros saurisquios.

Notas

Categoría:Fósiles descritos en 1971