Arne Christer Fuglesang, nado en Estocolmo (Suecia) o 18 de marzo de 1957, é un astronauta sueco que formou parte das misións STS-116 e STS-128.

Traxectoria Fuglesang é máster en enxeñería física polo Real Instituto de Tecnoloxía de Estocolmo en 1981. Ten un doutoramento en física experimental de partículas en 1987 e é profesor de física de partículas na Universidade de Estocolmo desde 1991.

Foi seleccionado como astronauta pola ESA en maio de 1992, participando nas misións STS-116 e STS-128. Pasou un total de 26,73 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-128 STS-116

Categoría:Astronautas de Suecia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Estocolmo